A min a opción de adaptalo á grafía galega non me convence moito.
Escáner é un caso especial, e hai outros coma cederrón que soan fatal
e ninguén usa. Unha cousa é intentar propor traducións e outra é que
se rematen usando. Non sempre imos poder facer que a xente entenda as
traducións que facemos e nalgúns casos teremonos que adaptar a eles.
Así que eu penso que ou se atopa unha tradución axeitada ou mellor non
se traduce.

Ata logo,
                Leandro Regueiro

2008/6/10 Adrián Chaves <adriyeticha...@gmail.com>:
> O Mar, 10-06-2008 ás 08:09 +0200, damufo escribiu:
>> José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
>> > Ola,
>> >
>> > Estaba a ler o correo, e un compañeiro de piso e máis eu chegamos á
>> > concluisión de que, en castelán, podería ser "almohadilla táctil"... o
>> > que pasa é que en galego non me acaba de convencer...
>> >
>> > Eu votaría por deixalo sen traducir... pero vaia...
>> >
>> > 2008/6/9, mvillarino <mvillar...@gmail.com <mailto:mvillar...@gmail.com>>:
>> >
>> >     O Luns 09 Xuño 2008 14:55, Xosé escribiu:
>> >
>> >      > En portugués e en castelán non hai tradución. En francés é "adoquín
>> >      > táctil"! Podería ser "superficie táctil"?
>> >
>> >     Penso que é mellor non traducilo.
>> >     Aliás, "superficie tactil" pode nalgún casos confundirse coas pantallas
>> >     táctiles, estas que levan algúns ordenadores de uso en procesos
>> >     industriais e
>> >     os pontos de información pública, cando menos nun uso "tecnolóxico"
>> >
>> >     --
>> >     Best regards,
>> >     MV
>> >
>> Boas:
>>
>> Outra opción máis sería sensor táctil.
>>
>> Eu son partidario de traducir todo, menos nomes propios. Cando unha
>> palabra non se adapta ao galego (coma é o caso de touchpad) aínda máis
>> importante me parece atoparlle tradución. En caso de que non se chegue a
>> consenso na tradución entendo que polo menos a hai que adaptala á nosa
>> grafía, por exemplo, como pasou con scanner-escaner, neste caso entendo
>> que a tradución sería touchepade-touchepades.
>
> Eu en caso de non lle atopar tradución, deixaría a grafía igual. Pero
> creo que "punteiro táctil" é unha tradución aaxeitada, e non cave levar
> a confusións.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a