Leandro Regueiro escribiu:
A min a opción de adaptalo á grafía galega non me convence moito.
Escáner é un caso especial, e hai outros coma cederrón que soan fatal
e ninguén usa. Unha cousa é intentar propor traducións e outra é que
se rematen usando. Non sempre imos poder facer que a xente entenda as
traducións que facemos e nalgúns casos teremonos que adaptar a eles.
Así que eu penso que ou se atopa unha tradución axeitada ou mellor non
se traduce.
Ata logo,
Leandro Regueiro
2008/6/10 Adrián Chaves <[email protected]>:
O Mar, 10-06-2008 ás 08:09 +0200, damufo escribiu:
José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
Ola,
Estaba a ler o correo, e un compañeiro de piso e máis eu chegamos á
concluisión de que, en castelán, podería ser "almohadilla táctil"... o
que pasa é que en galego non me acaba de convencer...
Eu votaría por deixalo sen traducir... pero vaia...
2008/6/9, mvillarino <[email protected] <mailto:[email protected]>>:
O Luns 09 Xuño 2008 14:55, Xosé escribiu:
> En portugués e en castelán non hai tradución. En francés é "adoquín
> táctil"! Podería ser "superficie táctil"?
Penso que é mellor non traducilo.
Aliás, "superficie tactil" pode nalgún casos confundirse coas pantallas
táctiles, estas que levan algúns ordenadores de uso en procesos
industriais e
os pontos de información pública, cando menos nun uso "tecnolóxico"
--
Best regards,
MV
Boas:
Outra opción máis sería sensor táctil.
Eu son partidario de traducir todo, menos nomes propios. Cando unha
palabra non se adapta ao galego (coma é o caso de touchpad) aínda máis
importante me parece atoparlle tradución. En caso de que non se chegue a
consenso na tradución entendo que polo menos a hai que adaptala á nosa
grafía, por exemplo, como pasou con scanner-escaner, neste caso entendo
que a tradución sería touchepade-touchepades.
Eu en caso de non lle atopar tradución, deixaría a grafía igual. Pero
creo que "punteiro táctil" é unha tradución aaxeitada, e non cave levar
a confusións.
--
To unsubscribe, send mail to [email protected].
Isto é unha opinión persoal, e no que concordo coa filosofía dos
franceses (penso). Deixar as palabras sen traducir, desde o meu punto de
vista, non é nada positivo para os que queremos o galego, e menos se esa
palabra, non se adapta á nosa grafía. Cada vez que se deixa algo sen
traducir estase a crear confusión e o peor de todo a incluír esa palabra
no vocabulario da xente, hai que darse conta disto, estaselle a ensinar
unha palabra que ao mellor despois non hai forma de quitar ainda que
haxa unha tradución boa. Non entendo porque ensinar touchpad (isto é o
que se fai se se deixa sen traducir), non ten problema pero se poñemos
"punteiro táctil" ou "superficie táctil" que si se entende, si hai
problema. Penso que para o que realmente precisa a tradución (e para min
que me gusta ter as cousas en galego), porque non comprende ben o
ingles, vaille ser moito máis doado lembrar e comprender o que é un
punteiro táctil que un touchpad (por mala que sexa a tradución). Eu vexo
importante atopar unha tradución, calquera menos unha palabra que non se
adapta ao galego.