Fwd: Translate Subversion to Galician language

2009-11-16 Conversa Xosé Antonio Rubal López
Ola,

Parece que na lista de desenvolvemento de Subversion tampouco teñen
constancia de ningunha tradución ao galego. Así pois, alá vamos!

-- Forwarded message --
From: Daniel Shahaf 
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2009/11/16
Subject: Re: Translate Subversion to Galician language
To: Xosé Antonio Rubal López 
Cc: d...@subversion.tigris.org

There are no matches of 'Galician' in this list's archives, and I don't
see a gl.po file in our source tree, so I suppose the answer is negative.

Daniel

> Thanks. Xosé Antonio Rubal
>
> --
> http://subversion.tigris.org/ds/viewMessage.do?dsForumId=462&dsMessageId=2418492
>


Re: Ola a todo o mundo!

2009-11-16 Conversa certima

Benvido Ricardo,

Como di Marce, non hai cousas coma as mellores... pero se non as temos imos 
tirando igual.
Se estás posto en administración de sistemas igual che apetece traducir 
software deste tipo

http://translationproject.org/team/gl.html



2009/11/16 Miguel Branco 
Benvido!!,

Que non te asusten estes dándoche traballo xa :) Sómosche moi amables e
acolledores inda que pareza que non.

Como che din, dinos que cousas que interesaría facer e bótalle un ollo ás
páxinas da www.trasno.net. Calquera cousa, preguntas: sempre hai xente para
responder.

Saúdos,

Miguel Branco



--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



signature.asc
Description: OpenPGP digital signature


Re: Presentación e Subversión

2009-11-16 Conversa Miguel Branco
Benvido!!

Simplemente saúdo. Xa hai por aquí outros máis expertos no tema ese. 

Miguel Branco


Re: Ola a todo o mundo!

2009-11-16 Conversa Miguel Branco
Benvido!!,

Que non te asusten estes dándoche traballo xa :) Sómosche moi amables e 
acolledores inda que pareza que non. 

Como che din, dinos que cousas que interesaría facer e bótalle un ollo ás 
páxinas da www.trasno.net. Calquera cousa, preguntas: sempre hai xente para 
responder. 

Saúdos, 

Miguel Branco



Re: Presentación e Subversión

2009-11-16 Conversa damufo



Fran Dieguez escribiu:

-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Miguel Bouzada escribiu:


2009/11/16 Leandro Regueiro mailto:leandro.regue...@gmail.com>>

2009/11/16 Xosé Antonio Rubal López http://xarubal.gl>@gmail.com >:
> Ola,
>
> Antes de nada presentarme: son Xosé Antonio Rubal e ata o momento
> estaba colaborando no grupo de tradución ao galego de Ubuntu.


Alegrame que deras o paso definitivo :)

Como che aconsellei nos teus inicios, creo que xa só me queda un último
consello...

Pregunta moito nesta lista, (xa Leandro che ha borregar se non inicias o
asunto da consulta con [dúbida] ou [termonolóxia] según corresponda) e 
pensa que os termos para ese tipo de aplicación, quenes mellor coñecedes

a correspondencia sodes os usuarios e desenvolvedores dese tipo de
proxectos, refirome a Fran, Keko,  e algún poutro que anda tamén por aí .

>
> No marco deses traballos ocorréuseme que se podería traducir
> Subversion, un sistema de control de versións que utilizamos
> intensivamente no meu traballo (obviamente tamén en moitos máis
> sitios). Para evitar a duplicación de esfozos, alguén comezou a
> traducir este software?

Benvido. Creo que non hai ninguén a elo. Como seguramente xa viches aí
hai moitos termos que non teñen decidida unha tradución ou aínda non
teñen unha tradución asentada. Habería que facer ese traballo mentres
se traduce. Un comezo sería a tradución do Anjuta que incorpora as
últimas decisións respecto a isto e que deberiamos xuntar algún día
nun glosario.


--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net
.




--
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
.xlsx, .ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais
ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org  e
na sala galpon_min...@conf.jabberes.org



Dame 1 hora e che miro cal é o lugar axeitado para traducir Subversion.
Aínda que consello profesional para a USC!! Comezade a mirar (e
empregar) Git, dalle mil voltas a SVN.

Xa me pagaras unhas cañas cando aceptes o consello. :P

Ou mercurial


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAksBbjwACgkQmLtmJqKk+biBrQCfRUK3ilZ3JsVFc6zRA0DiWwae
CoEAn3sU39/favMq3AjJuqTxHu75uIbx
=7kUE
-END PGP SIGNATURE-




Re: [terminoloxía]snippet

2009-11-16 Conversa damufo

Boas:

Adrián Chaves Fernández escribiu:

2009/11/16 Leandro Regueiro :

Pois entón poderia ser fragmento, que conserva o significado e é o que
se está usando en GNOME, o cal está sendo revisado por Méixome.

Home, empregar como argumento de autoridade que se está a empregar en
gnome non é que me deixe moi satisfeito...


+1 XD


Eu snippet, desde o punto de vista da programación, eu non o vexo tanto 
como fragmento e máis coma un pequeno molde con unha finalidade determinada.


A verdade é que non me convence nin fragmento nin anaco, vexoos 
demasiado xenéricos.


Corrección de erros no glosario de NetBeans

2009-11-16 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Ola rapaces,

grazas a suxestións de Mr. Rubal acabo de actualizar o glosario de NetBeans,

http://wiki.netbeans.org/GalicianTranslationGlossary

Coido que non fixamos Heap e marco con ??

heap memoria dinámica ??
Heap Walker  percorredor da memoria dinámica ??

polo que compre abrir fío de discusión de novo. Conste que eu non estou
de acordo con traducir por rima antes diso prefiro non traducilo como se
está a facer en NetBeans polo momento.

Saúdos a todos.
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAksBqsYACgkQmLtmJqKk+bjdZACeIn5IXzOUJNa69X180eIforz1
npwAnioTpdLeY3Q/fY+qNQmqyALNGtkb
=3gal
-END PGP SIGNATURE-


Re: Presentación e Subversión

2009-11-16 Conversa Leandro Regueiro
> Reenvío...
>
> de verdade! o comportamento da rolda predefinido debería ser reenviar a
> todos da lista non só ao último remitente.
>
> Xa sei que todos estades de acordo con isto pero non podemos facer algo???

Cando botemos a andar o novo servidor si. A min chégame co de enviar a todos.


Re: Presentación e Subversión

2009-11-16 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Reenvío...

de verdade! o comportamento da rolda predefinido debería ser reenviar a
todos da lista non só ao último remitente.

Xa sei que todos estades de acordo con isto pero non podemos facer algo???

Xosé Antonio Rubal López escribiu:
> Ola,
> 
> Grazas pola benvida. Mandei unha mensaxe a d...@subversion.tigris.org
> avisando de que quería comezar a tradución, por se hai alguén por aí
> que xa se puxo. Polo momento estou revisando as cadeas para ver
> dúbidas terminolóxicas e facer un pequeno glosario sobre léxico
> relativo a control de versións. De paso xa miro as traducións de git,
> os termos de anjuta que se aplican ao caso e similares.
> 
> En canto teña a lista mándoa e xa diredes.
> 
> 2009/11/16 Fran Dieguez :
> Ben,
> 
> logo de indagar durante 5 minutos coido que o mellor lugar para traducir
> o subversion é dende o repositorio polo que tes que descargalo dende o
> lugar oficial. Como xa che coñezo en persoa e coido que a nivel
> desenvolvemento tes moita máis experiencia que min che digo os pasos e
> se tes calquera dúbida xa sabes onde estou.
> 
> Descargas código fonte:
> svn checkout http://svn.collab.net/repos/svn/trunk/ \ subversion-repository
> 
> e logo te miras o ficheiro subversion-repository/www/translating.html
> 
> Como se van xerar ficheiros .po podes traducilos en GNU/Linux con
> gtranslator, poedit ou lokalize segundo prefiras. En outros sistemas
> operantes tes poedit.
> 
> Eu teño experiencia de tradución do complemento de NetBeans para Git, a
> interface gráfica Cola para Git e o gittk para o mesmo e teño xa un
> pequeno glosario terminolóxico que poderías utilizar para a tradución do
> Subversion. A ligazón ao glosario é
> 
> http://wiki.netbeans.org/GalicianTranslationGlossary
> 
> Reitero se tes calquera dúbida esta rolda é a idónea xa que estamos
> moitos tradutores por aquí.
> 
> Logo para rematar a tradución o mellor é colgar un ticket no sistema de
> control de tickets de subversion explicando no informe de erros que é
> unha tradución e anexando o pofile. Con sorte en poucos días méteno no
> repositorio. Logo fala comigo para remitilo a debian e consecuentemente
> a Ubuntu.
> 
> Nos vindeiros días haberá sorpresiñas polo que estade atentos ás vosas
> pantallas.
> 
> Agardo serche de axuda Mr. Rubal.
> Saúdos
> 

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAksBjJkACgkQmLtmJqKk+bgXFACfQKnZO8nFbA9nVaPUVuTa8Od+
LH4AnjbeP6y7l4fCM7zMKDUhtao58sWf
=YhKo
-END PGP SIGNATURE-


Presentación e Subversión

2009-11-16 Conversa Xosé Antonio Rubal López
Ola,

Grazas pola benvida. Mandei unha mensaxe a d...@subversion.tigris.org
avisando de que quería comezar a tradución, por se hai alguén por aí
que xa se puxo. Polo momento estou revisando as cadeas para ver
dúbidas terminolóxicas e facer un pequeno glosario sobre léxico
relativo a control de versións. De paso xa miro as traducións de git,
os termos de anjuta que se aplican ao caso e similares.

En canto teña a lista mándoa e xa diredes.

2009/11/16 Fran Dieguez :
> -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
> Hash: SHA1
>
> Ben,
>
> logo de indagar durante 5 minutos coido que o mellor lugar para traducir
> o subversion é dende o repositorio polo que tes que descargalo dende o
> lugar oficial. Como xa che coñezo en persoa e coido que a nivel
> desenvolvemento tes moita máis experiencia que min che digo os pasos e
> se tes calquera dúbida xa sabes onde estou.
>
> Descargas código fonte:
> svn checkout http://svn.collab.net/repos/svn/trunk/ \ subversion-repository
>
> e logo te miras o ficheiro subversion-repository/www/translating.html
>
> Como se van xerar ficheiros .po podes traducilos en GNU/Linux con
> gtranslator, poedit ou lokalize segundo prefiras. En outros sistemas
> operantes tes poedit.
>
> Eu teño experiencia de tradución do complemento de NetBeans para Git, a
> interface gráfica Cola para Git e o gittk para o mesmo e teño xa un
> pequeno glosario terminolóxico que poderías utilizar para a tradución do
> Subversion. A ligazón ao glosario é
>
> http://wiki.netbeans.org/GalicianTranslationGlossary
>
> Reitero se tes calquera dúbida esta rolda é a idónea xa que estamos
> moitos tradutores por aquí.
>
> Logo para rematar a tradución o mellor é colgar un ticket no sistema de
> control de tickets de subversion explicando no informe de erros que é
> unha tradución e anexando o pofile. Con sorte en poucos días méteno no
> repositorio. Logo fala comigo para remitilo a debian e consecuentemente
> a Ubuntu.
>
> Nos vindeiros días haberá sorpresiñas polo que estade atentos ás vosas
> pantallas.
>
> Agardo serche de axuda Mr. Rubal.
> Saúdos
>
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> -BEGIN PGP SIGNATURE-
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/
>
> iEYEARECAAYFAksBde4ACgkQmLtmJqKk+bjJLQCfS3YDGQf8e6AwX1YMFi9kWdeY
> eb0Ani+gph2Cm8zrjr+BiZVzAu+2nZ7D
> =lzM8
> -END PGP SIGNATURE-
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: Ola a todo o mundo!

2009-11-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
Boas!


Re: [VOTACIÓN] Apoiamos ás OSL das Universidades Galegas?

2009-11-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
> Entendo que nun principio dades o voso apoio.

Entendiches ben ;)


Re: [terminoloxía]snippet

2009-11-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
> 2009/11/16 Leandro Regueiro :
> > Pois entón poderia ser fragmento, que conserva o significado e é o que
> > se está usando en GNOME, o cal está sendo revisado por Méixome.
> 
> Home, empregar como argumento de autoridade que se está a empregar en
> gnome non é que me deixe moi satisfeito...

+1 XD


Re: [terminoloxía]snippet

2009-11-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu persoalmente inclinaríame a fragmento.


Re: Ola a todo o mundo!

2009-11-16 Conversa mvillarino
2009/11/16 Ulfe :
> Moi boas! :)
>
> O meu nome é Ricardo Parada, estou a sacarme o título de Técnico
> superior en administración de sistemas informáticos.
[...]
> O meu obxectivo por agora é facer algo sinxelo que poida utilizar como
> proxecto para o curso, xa que este último curso é moi curto (o terceiro
> trimestre consiste en prácticas nunha empresa) e bastante denso e hai
> pouco tempo, pero sería xenial poder colaborar plenamente...

m..

Que tal instalación e configuración dun servidor baseado en floss
(debian, freebsd, opensuse, ...) que execute servizos cun sistema de
xestión de contidos, bitácoras, listas de correo, un pootle e xa
postos unha forxa. ? (e imaxe corporativa de Proxecto Trasno,
clarostá)


Re: Presentación e Subversión

2009-11-16 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Ben,

logo de indagar durante 5 minutos coido que o mellor lugar para traducir
o subversion é dende o repositorio polo que tes que descargalo dende o
lugar oficial. Como xa che coñezo en persoa e coido que a nivel
desenvolvemento tes moita máis experiencia que min che digo os pasos e
se tes calquera dúbida xa sabes onde estou.

Descargas código fonte:
svn checkout http://svn.collab.net/repos/svn/trunk/ \ subversion-repository

e logo te miras o ficheiro subversion-repository/www/translating.html

Como se van xerar ficheiros .po podes traducilos en GNU/Linux con
gtranslator, poedit ou lokalize segundo prefiras. En outros sistemas
operantes tes poedit.

Eu teño experiencia de tradución do complemento de NetBeans para Git, a
interface gráfica Cola para Git e o gittk para o mesmo e teño xa un
pequeno glosario terminolóxico que poderías utilizar para a tradución do
Subversion. A ligazón ao glosario é

http://wiki.netbeans.org/GalicianTranslationGlossary

Reitero se tes calquera dúbida esta rolda é a idónea xa que estamos
moitos tradutores por aquí.

Logo para rematar a tradución o mellor é colgar un ticket no sistema de
control de tickets de subversion explicando no informe de erros que é
unha tradución e anexando o pofile. Con sorte en poucos días méteno no
repositorio. Logo fala comigo para remitilo a debian e consecuentemente
a Ubuntu.

Nos vindeiros días haberá sorpresiñas polo que estade atentos ás vosas
pantallas.

Agardo serche de axuda Mr. Rubal.
Saúdos

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAksBde4ACgkQmLtmJqKk+bjJLQCfS3YDGQf8e6AwX1YMFi9kWdeY
eb0Ani+gph2Cm8zrjr+BiZVzAu+2nZ7D
=lzM8
-END PGP SIGNATURE-


Re: Ola a todo o mundo!

2009-11-16 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Leandro Regueiro escribiu:
> 2009/11/16 Ulfe :
>> Moi boas! :)
>>
>> O meu nome é Ricardo Parada, estou a sacarme o título de Técnico
>> superior en administración de sistemas informáticos.
>>
>> O labor que estades a realizar todos paréceme encomiábel, traducir
>> software (e libre) ao noso idioma é algo fantástico. Pois aquí me tedes
>> totalmente disposto a colaborar na medida do posíbel.
>>
>> O meu obxectivo por agora é facer algo sinxelo que poida utilizar como
>> proxecto para o curso, xa que este último curso é moi curto (o terceiro
>> trimestre consiste en prácticas nunha empresa) e bastante denso e hai
>> pouco tempo, pero sería xenial poder colaborar plenamente...
> 
> Ola e benvido.
> 
> Aquí dedicámonos basicamente a traducir software libre ao galego. Non
> entendo moi ben que é o que queres dicir con iso do proxecto.
> Poderiaste explicar algo mellor?
> 
> 
Toda axuda é benvida, incluso a de creación de aplicativos de apoio na
localización de software.

Dinos un pouco en que estas interesado / cales son os teus coñecementos
e xa nos te guiamos pouco a pouco.

Saúdos

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAksBddoACgkQmLtmJqKk+bjwJACfTHbxLDoTuMwRsLDTXceXOzns
zxgAn2Am/nUmuO1CBuRxNNqWm25enegm
=5wFE
-END PGP SIGNATURE-


Re: Ola a todo o mundo!

2009-11-16 Conversa Leandro Regueiro
2009/11/16 Ulfe :
> Moi boas! :)
>
> O meu nome é Ricardo Parada, estou a sacarme o título de Técnico
> superior en administración de sistemas informáticos.
>
> O labor que estades a realizar todos paréceme encomiábel, traducir
> software (e libre) ao noso idioma é algo fantástico. Pois aquí me tedes
> totalmente disposto a colaborar na medida do posíbel.
>
> O meu obxectivo por agora é facer algo sinxelo que poida utilizar como
> proxecto para o curso, xa que este último curso é moi curto (o terceiro
> trimestre consiste en prácticas nunha empresa) e bastante denso e hai
> pouco tempo, pero sería xenial poder colaborar plenamente...

Ola e benvido.

Aquí dedicámonos basicamente a traducir software libre ao galego. Non
entendo moi ben que é o que queres dicir con iso do proxecto.
Poderiaste explicar algo mellor?


Ola a todo o mundo!

2009-11-16 Conversa Ulfe
Moi boas! :)

O meu nome é Ricardo Parada, estou a sacarme o título de Técnico
superior en administración de sistemas informáticos.

O labor que estades a realizar todos paréceme encomiábel, traducir
software (e libre) ao noso idioma é algo fantástico. Pois aquí me tedes
totalmente disposto a colaborar na medida do posíbel.

O meu obxectivo por agora é facer algo sinxelo que poida utilizar como
proxecto para o curso, xa que este último curso é moi curto (o terceiro
trimestre consiste en prácticas nunha empresa) e bastante denso e hai
pouco tempo, pero sería xenial poder colaborar plenamente...

Un gran saúdo e moitas grazas a todos! :)


Re: Presentación e Subversión

2009-11-16 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Miguel Bouzada escribiu:
> 
> 
> 2009/11/16 Leandro Regueiro  >
> 
> 2009/11/16 Xosé Antonio Rubal López  @gmail.com >:
> > Ola,
> >
> > Antes de nada presentarme: son Xosé Antonio Rubal e ata o momento
> > estaba colaborando no grupo de tradución ao galego de Ubuntu.
> 
> 
> Alegrame que deras o paso definitivo :)
> 
> Como che aconsellei nos teus inicios, creo que xa só me queda un último
> consello...
> 
> Pregunta moito nesta lista, (xa Leandro che ha borregar se non inicias o
> asunto da consulta con [dúbida] ou [termonolóxia] según corresponda) e 
> pensa que os termos para ese tipo de aplicación, quenes mellor coñecedes
> a correspondencia sodes os usuarios e desenvolvedores dese tipo de
> proxectos, refirome a Fran, Keko,  e algún poutro que anda tamén por aí .
> 
> >
> > No marco deses traballos ocorréuseme que se podería traducir
> > Subversion, un sistema de control de versións que utilizamos
> > intensivamente no meu traballo (obviamente tamén en moitos máis
> > sitios). Para evitar a duplicación de esfozos, alguén comezou a
> > traducir este software?
> 
> Benvido. Creo que non hai ninguén a elo. Como seguramente xa viches aí
> hai moitos termos que non teñen decidida unha tradución ou aínda non
> teñen unha tradución asentada. Habería que facer ese traballo mentres
> se traduce. Un comezo sería a tradución do Anjuta que incorpora as
> últimas decisións respecto a isto e que deberiamos xuntar algún día
> nun glosario.
> 
> 
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net
> .
> 
> 
> 
> 
> -- 
> Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
> .xlsx, .ppt, .pptx
> 
> Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais
> ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
> 
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org  e
> na sala galpon_min...@conf.jabberes.org
> 

Dame 1 hora e che miro cal é o lugar axeitado para traducir Subversion.
Aínda que consello profesional para a USC!! Comezade a mirar (e
empregar) Git, dalle mil voltas a SVN.

Xa me pagaras unhas cañas cando aceptes o consello. :P

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAksBbjwACgkQmLtmJqKk+biBrQCfRUK3ilZ3JsVFc6zRA0DiWwae
CoEAn3sU39/favMq3AjJuqTxHu75uIbx
=7kUE
-END PGP SIGNATURE-


Re: [VOTACIÓN] Apoiamos ás OSL das Universidades Galegas?

2009-11-16 Conversa Pablo Belay Fernández
Entendo que nun principio dades o voso apoio.

--
Pablo Belay Fernández
www.belay.es/




2009/11/14 Miguel Branco 

> Parece que hai quórum :)
>
> Pois en canto fale cos da UDC a ver que deciden facer, vouvos avisando. E
> os
> que esteades na UDV e UDS dicídeme a quen podo contactar ou se sabedes de
> quen
> se estea movendo alí.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: OSL UDC

2009-11-16 Conversa Pablo Belay Fernández
Que non comentei anteriormente esta reunion sería no Local de Alumnos da
Facultade, sita na terceira pranta.

Recordando mañan as 12:00 no local de alumnos.

--
Pablo Belay Fernández
www.belay.es/




2009/11/14 Miguel Branco 

>
> > A ver se o martes ás 12:30 me paso por alí. Antes teño clase. Onde é
> > exactamente, no local de alumnos no último andar?
>
> É posible que a esa hora me poida acercar por alí (teño que facer uns
> trámites
> pola mañá así que dependo da rapidez dos funcionarios que me atendan).
>
> @Leandro, se ademais teño o que hai que firmar da asociación, facemos 2 en
> 1.
> Mándoche unha mensaxe ó móbil con tempo esa mañá para terte avisado, si?.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: Presentación e Subversión

2009-11-16 Conversa Miguel Bouzada
2009/11/16 Leandro Regueiro 

> 2009/11/16 Xosé Antonio Rubal López :
> > Ola,
> >
> > Antes de nada presentarme: son Xosé Antonio Rubal e ata o momento
> > estaba colaborando no grupo de tradución ao galego de Ubuntu.
>

Alegrame que deras o paso definitivo :)

Como che aconsellei nos teus inicios, creo que xa só me queda un último
consello...

Pregunta moito nesta lista, (xa Leandro che ha borregar se non inicias o
asunto da consulta con [dúbida] ou [termonolóxia] según corresponda) e
pensa que os termos para ese tipo de aplicación, quenes mellor coñecedes a
correspondencia sodes os usuarios e desenvolvedores dese tipo de proxectos,
refirome a Fran, Keko,  e algún poutro que anda tamén por aí .

>
> > No marco deses traballos ocorréuseme que se podería traducir
> > Subversion, un sistema de control de versións que utilizamos
> > intensivamente no meu traballo (obviamente tamén en moitos máis
> > sitios). Para evitar a duplicación de esfozos, alguén comezou a
> > traducir este software?
>
> Benvido. Creo que non hai ninguén a elo. Como seguramente xa viches aí
> hai moitos termos que non teñen decidida unha tradución ou aínda non
> teñen unha tradución asentada. Habería que facer ese traballo mentres
> se traduce. Un comezo sería a tradución do Anjuta que incorpora as
> últimas decisións respecto a isto e que deberiamos xuntar algún día
> nun glosario.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org


Re: [terminoloxía]snippet

2009-11-16 Conversa Miguel Bouzada
2009/11/16 mvillarino 

> 2009/11/16 Leandro Regueiro :
>
> > Pois entón poderia ser fragmento, que conserva o significado e é o que
> > se está usando en GNOME, o cal está sendo revisado por Méixome.
>

Nos casos de bitTorrent eu empregei "fragmento", é (se non lembro mal) o
único caso en que se me deu ter que traducir algo como "cacho" dun todo


> Home, empregar como argumento de autoridade que se está a empregar en
> gnome non é que me deixe moi satisfeito... menos mal que o arranxas
> dicindo que o está a revisar méixome.
>
>
> > Por outra parte se entramos a considerar tódalas posibilidades
> > poderían entrar: retallo, retrinco, cacho, pedazo... que non conservan
> > un significado relacionado estritamente co texto.
>
>
> Unha vista da funcionalidade que estamos a considerar:
>
> http://www.kde-apps.org/content/preview.php?preview=1&id=16381&file1=16381-1.png&file2=&file3=&name=Kate+Snippets
>
> Nótese que o retallo, isto é, o anaco/fragmento/cacho dunha cousa
> despois de cortala, non é só un texto, senón o par formado por un
> texto retallado (na ilustración o ## < DEBUG:VARIABLE > out
> "\$) e un alcume ou nome polo que nos imos referir a
> ele para buscalo axiña ( "DEBUG : Variable" na ilustración).
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org


Re: Presentación e Subversión

2009-11-16 Conversa Leandro Regueiro
2009/11/16 Xosé Antonio Rubal López :
> Ola,
>
> Antes de nada presentarme: son Xosé Antonio Rubal e ata o momento
> estaba colaborando no grupo de tradución ao galego de Ubuntu.
>
> No marco deses traballos ocorréuseme que se podería traducir
> Subversion, un sistema de control de versións que utilizamos
> intensivamente no meu traballo (obviamente tamén en moitos máis
> sitios). Para evitar a duplicación de esfozos, alguén comezou a
> traducir este software?

Benvido. Creo que non hai ninguén a elo. Como seguramente xa viches aí
hai moitos termos que non teñen decidida unha tradución ou aínda non
teñen unha tradución asentada. Habería que facer ese traballo mentres
se traduce. Un comezo sería a tradución do Anjuta que incorpora as
últimas decisións respecto a isto e que deberiamos xuntar algún día
nun glosario.


Re: [terminoloxía]snippet

2009-11-16 Conversa mvillarino
2009/11/16 Leandro Regueiro :

> Pois entón poderia ser fragmento, que conserva o significado e é o que
> se está usando en GNOME, o cal está sendo revisado por Méixome.

Home, empregar como argumento de autoridade que se está a empregar en
gnome non é que me deixe moi satisfeito... menos mal que o arranxas
dicindo que o está a revisar méixome.


> Por outra parte se entramos a considerar tódalas posibilidades
> poderían entrar: retallo, retrinco, cacho, pedazo... que non conservan
> un significado relacionado estritamente co texto.


Unha vista da funcionalidade que estamos a considerar:
http://www.kde-apps.org/content/preview.php?preview=1&id=16381&file1=16381-1.png&file2=&file3=&name=Kate+Snippets

Nótese que o retallo, isto é, o anaco/fragmento/cacho dunha cousa
despois de cortala, non é só un texto, senón o par formado por un
texto retallado (na ilustración o ## < DEBUG:VARIABLE > out
"\$) e un alcume ou nome polo que nos imos referir a
ele para buscalo axiña ( "DEBUG : Variable" na ilustración).


Re: [terminoloxía]snippet

2009-11-16 Conversa Xosé
Eu utilizaba "fragmento" até que comecei a ver "anaco" en ficheiros que 
traducía; pensando que se decidira nalgún momento, pasei a traducir "anaco" 
despois.

Xosé


O Luns, 16 de Novembro de 2009 12:59:33 mvillarino escribiu:
> 2009/11/16 Leandro Regueiro :
> >>> Olá,
> >>> discutiuse isto antes?
> >>
> >> Anaco de código, cando o relacionamos con IDEs ou programación
> >
> > Non se discutiu, que eu saiba. En
> > http://en.gl.open-tran.eu/suggest/snippet vese que se traduciu como
> > "fragmento" e "anaco".
> 
> That's the question.
> 
> Eu teño tendencia a utilizar «Fragmento», mentres que Xosé utiliza
> «anaco», e claro, estes días estiven a completar e revisar a
> ortografía e gramática de kdev[elop|platform].
> Parte do problema é que non podo aíslar (creo) a parte IDE da parte de
> simple editor de texto, xa que, iirc, kdevelop & co. toma o editor
> como compoñente, e polo tanto diferenciar o «snippet» segundo o módulo
> -principal contexto semántico-  non me é posíbel.
> 
> Que a que ven isto:
> -gnome: só aparece en gedit, e escolleuse «fragmento»
> -kde: aparece en kmail (xosé), como «fragmento»
>   en kdevsnippet (xosé) como «anaco»
>   en katesnippet (marce) como «fragmento»
>   en quanta (xosé/marce, próximo módulo a revisar) como
>  «fragmento». En consecuencia preciso tomar unha decisión respecto ao que
>  facer con estes tres ficheiros.
> 
> A ter en conta: todos os tres son módulos de desenvolvimento
> (kdevelop, kdesdk, kdewebdev).
> 
> Indo aos significantes:
> "snippet":  a small part, piece, or thing; especially : a brief
> quotable passage (unha parte, peza ou cousa cativa, en  especial: unha
> pasaxe breve que se pode citar.
> 
> "fragmento": (dig)Parte que se conserva dun escrito.  (estr) Fragmento
> de obra literária ou musical, especialmente o que oferece alguma
> particularidade
> "anaco": (dig) Unidade menor que resulta da división doutra maior.
> Porción breve de tempo.  (estr) Porçom de uma cousa material ou
> imaterial. Espaço de tempo.
> 
> "passagem/pasaxe": (estr)Fragmento de obra literária ou musical,
> especialmente o que oferece alguma particularidade (dig) Fragmento dun
> texto ou dunha obra musical.
> 


Presentación e Subversión

2009-11-16 Conversa Xosé Antonio Rubal López
Ola,

Antes de nada presentarme: son Xosé Antonio Rubal e ata o momento
estaba colaborando no grupo de tradución ao galego de Ubuntu.

No marco deses traballos ocorréuseme que se podería traducir
Subversion, un sistema de control de versións que utilizamos
intensivamente no meu traballo (obviamente tamén en moitos máis
sitios). Para evitar a duplicación de esfozos, alguén comezou a
traducir este software?

Grazas.

Saúdos. Xosé Antonio Rubal


Re: [terminoloxía]snippet

2009-11-16 Conversa Leandro Regueiro
2009/11/16 Leandro Regueiro :
> 2009/11/16 mvillarino :
>> 2009/11/16 Leandro Regueiro :
> Olá,
> discutiuse isto antes?

 Anaco de código, cando o relacionamos con IDEs ou programación
>>>
>>> Non se discutiu, que eu saiba. En
>>> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/snippet vese que se traduciu como
>>> "fragmento" e "anaco".
>>
>> That's the question.
>>
>> Eu teño tendencia a utilizar «Fragmento», mentres que Xosé utiliza
>> «anaco», e claro, estes días estiven a completar e revisar a
>> ortografía e gramática de kdev[elop|platform].
>> Parte do problema é que non podo aíslar (creo) a parte IDE da parte de
>> simple editor de texto, xa que, iirc, kdevelop & co. toma o editor
>> como compoñente, e polo tanto diferenciar o «snippet» segundo o módulo
>> -principal contexto semántico-  non me é posíbel.
>>
>> Que a que ven isto:
>> -gnome: só aparece en gedit, e escolleuse «fragmento»
>> -kde: aparece en kmail (xosé), como «fragmento»
>>          en kdevsnippet (xosé) como «anaco»
>>          en katesnippet (marce) como «fragmento»
>>          en quanta (xosé/marce, próximo módulo a revisar) como «fragmento».
>> En consecuencia preciso tomar unha decisión respecto ao que facer con
>> estes tres ficheiros.
>>
>> A ter en conta: todos os tres son módulos de desenvolvimento
>> (kdevelop, kdesdk, kdewebdev).
>>
>> Indo aos significantes:
>> "snippet":  a small part, piece, or thing; especially : a brief
>> quotable passage (unha parte, peza ou cousa cativa, en  especial: unha
>> pasaxe breve que se pode citar.
>>
>> "fragmento": (dig)Parte que se conserva dun escrito.  (estr) Fragmento
>> de obra literária ou musical, especialmente o que oferece alguma
>> particularidade
>> "anaco": (dig) Unidade menor que resulta da división doutra maior.
>> Porción breve de tempo.  (estr) Porçom de uma cousa material ou
>> imaterial. Espaço de tempo.
>>
>> "passagem/pasaxe": (estr)Fragmento de obra literária ou musical,
>> especialmente o que oferece alguma particularidade (dig) Fragmento dun
>> texto ou dunha obra musical.
>
> Pois entón poderia ser fragmento, que conserva o significado e é o que
> se está usando en GNOME, o cal está sendo revisado por Méixome.
>
> Por outra parte se entramos a considerar tódalas posibilidades
> poderían entrar: retallo, retrinco, cacho, pedazo... que non conservan
> un significado relacionado estritamente co texto.

Pero mellor agardamos unha opinión máis experta que a miña, e a ver se
de paso opina máis xente. Que conste que a min "fragmento" non che me
gusta, pero se é o máis correcto é o que haberá que usar.


Re: [terminoloxía]snippet

2009-11-16 Conversa Leandro Regueiro
2009/11/16 mvillarino :
> 2009/11/16 Leandro Regueiro :
 Olá,
 discutiuse isto antes?
>>>
>>> Anaco de código, cando o relacionamos con IDEs ou programación
>>
>> Non se discutiu, que eu saiba. En
>> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/snippet vese que se traduciu como
>> "fragmento" e "anaco".
>
> That's the question.
>
> Eu teño tendencia a utilizar «Fragmento», mentres que Xosé utiliza
> «anaco», e claro, estes días estiven a completar e revisar a
> ortografía e gramática de kdev[elop|platform].
> Parte do problema é que non podo aíslar (creo) a parte IDE da parte de
> simple editor de texto, xa que, iirc, kdevelop & co. toma o editor
> como compoñente, e polo tanto diferenciar o «snippet» segundo o módulo
> -principal contexto semántico-  non me é posíbel.
>
> Que a que ven isto:
> -gnome: só aparece en gedit, e escolleuse «fragmento»
> -kde: aparece en kmail (xosé), como «fragmento»
>          en kdevsnippet (xosé) como «anaco»
>          en katesnippet (marce) como «fragmento»
>          en quanta (xosé/marce, próximo módulo a revisar) como «fragmento».
> En consecuencia preciso tomar unha decisión respecto ao que facer con
> estes tres ficheiros.
>
> A ter en conta: todos os tres son módulos de desenvolvimento
> (kdevelop, kdesdk, kdewebdev).
>
> Indo aos significantes:
> "snippet":  a small part, piece, or thing; especially : a brief
> quotable passage (unha parte, peza ou cousa cativa, en  especial: unha
> pasaxe breve que se pode citar.
>
> "fragmento": (dig)Parte que se conserva dun escrito.  (estr) Fragmento
> de obra literária ou musical, especialmente o que oferece alguma
> particularidade
> "anaco": (dig) Unidade menor que resulta da división doutra maior.
> Porción breve de tempo.  (estr) Porçom de uma cousa material ou
> imaterial. Espaço de tempo.
>
> "passagem/pasaxe": (estr)Fragmento de obra literária ou musical,
> especialmente o que oferece alguma particularidade (dig) Fragmento dun
> texto ou dunha obra musical.

Pois entón poderia ser fragmento, que conserva o significado e é o que
se está usando en GNOME, o cal está sendo revisado por Méixome.

Por outra parte se entramos a considerar tódalas posibilidades
poderían entrar: retallo, retrinco, cacho, pedazo... que non conservan
un significado relacionado estritamente co texto.


Re: [terminoloxía]snippet

2009-11-16 Conversa mvillarino
2009/11/16 Leandro Regueiro :
>>> Olá,
>>> discutiuse isto antes?
>>
>> Anaco de código, cando o relacionamos con IDEs ou programación
>
> Non se discutiu, que eu saiba. En
> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/snippet vese que se traduciu como
> "fragmento" e "anaco".

That's the question.

Eu teño tendencia a utilizar «Fragmento», mentres que Xosé utiliza
«anaco», e claro, estes días estiven a completar e revisar a
ortografía e gramática de kdev[elop|platform].
Parte do problema é que non podo aíslar (creo) a parte IDE da parte de
simple editor de texto, xa que, iirc, kdevelop & co. toma o editor
como compoñente, e polo tanto diferenciar o «snippet» segundo o módulo
-principal contexto semántico-  non me é posíbel.

Que a que ven isto:
-gnome: só aparece en gedit, e escolleuse «fragmento»
-kde: aparece en kmail (xosé), como «fragmento»
  en kdevsnippet (xosé) como «anaco»
  en katesnippet (marce) como «fragmento»
  en quanta (xosé/marce, próximo módulo a revisar) como «fragmento».
En consecuencia preciso tomar unha decisión respecto ao que facer con
estes tres ficheiros.

A ter en conta: todos os tres son módulos de desenvolvimento
(kdevelop, kdesdk, kdewebdev).

Indo aos significantes:
"snippet":  a small part, piece, or thing; especially : a brief
quotable passage (unha parte, peza ou cousa cativa, en  especial: unha
pasaxe breve que se pode citar.

"fragmento": (dig)Parte que se conserva dun escrito.  (estr) Fragmento
de obra literária ou musical, especialmente o que oferece alguma
particularidade
"anaco": (dig) Unidade menor que resulta da división doutra maior.
Porción breve de tempo.  (estr) Porçom de uma cousa material ou
imaterial. Espaço de tempo.

"passagem/pasaxe": (estr)Fragmento de obra literária ou musical,
especialmente o que oferece alguma particularidade (dig) Fragmento dun
texto ou dunha obra musical.


Re: [Guls] Fwd: ACHEGARTE

2009-11-16 Conversa Leandro Regueiro
> * Uso e creación de ferramentas lingüisticas. Alguén de Tagenata,
> Xabier Seixo podería preguntar se é posible. Un bo complemento
> práctico podería ser unha introducción a como colaborar en proxectos
> de localización de software de alguén de Trasno.

A min a data venme fatal, xusto antes dos exames. A ver se alguén máis
puidera falar un pouco do proxecto Trasno e da tradución de SL...
reenvío á rolda de Trasno


Re: [terminoloxía]snippet

2009-11-16 Conversa Leandro Regueiro
>> Olá,
>> discutiuse isto antes?
>
> Anaco de código, cando o relacionamos con IDEs ou programación

Non se discutiu, que eu saiba. En
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/snippet vese que se traduciu como
"fragmento" e "anaco".