Re: Cambio de charset en ficheiro .po
Emprega msgconv para converter a codificación dun ficheiro PO. 2009/11/17 Xosé Antonio Rubal López xarubal...@gmail.com Ola, Estou preparando o ficheiro .po para a tradución de Subversion seguindo as instrucións da guía de tradución de Subversion (http://subversion.tigris.org/translating.html). O problema é que o msginit escupe o ficheiro .po con charset=ASCII e despois quéixase o poedit cando se lle meten caracters multibyte ('á' e similares). O resto de traducións de linguas con caracteres multibyte teñen posto o charset=UTF-8. Pregunta de novato: pódese cambiar a pelo a codificación do ficheiro con 'iconv -f ASCII -t UTF-8 gl.po gl-utf8.po' e editar a man o charset do ficheiro que resulta ou isto vai dar problemas? Saúdos. Xosé Antonio Rubal -- To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net. -- Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
2009/11/17 Antón Méixome cert...@certima.net: Si Adrián para min en resumo, toda a discusión resúmese no seguinte snippet é un termo ou é argot ? Se é un termo temos que ter unha tradución exacta, especializada. Se é argot entón podemos optar por uha aproximación xenérica (fragmento) ou por deixalo sen traducir. E ademais de todo isto hai algunha outra razón pola que non usar fragmento?
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
2009/11/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com: 2009/11/17 Antón Méixome cert...@certima.net: E ademais de todo isto hai algunha outra razón pola que non usar fragmento? Pois unha: se miras no digalego, verás que indica que a versión inglesa de «fragmento» é fragment, logo pode dársenos dun xeito máis que sinxelo o problema de ter que empregar un mesmo significante con polisemia (parte de... + o que sexa a definición de snippet), o que non é moi recomendábel.
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
Ata preferiría segmento que proporciona un pouco a idea de peza antes que fragmento, que indica algo roto. 2009/11/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com 2009/11/17 Antón Méixome cert...@certima.net: Si Adrián para min en resumo, toda a discusión resúmese no seguinte snippet é un termo ou é argot ? Se é un termo temos que ter unha tradución exacta, especializada. Se é argot entón podemos optar por uha aproximación xenérica (fragmento) ou por deixalo sen traducir. E ademais de todo isto hai algunha outra razón pola que non usar fragmento? -- To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
Re: Glosario de Subversion
* Hook: hook [??? manter] Esta sempre foi unha das dúbidas que me asaltaron... sei o que significa pero non como traducilo. Básicamente é unha acción que se leva a cabo ou que se dispara cando certas condicións se cumpren. P.ex. ao facer unha remisión ao repositorio queres enviar un mail a todos os devs. Segundo foldoc: «hook programming A software or hardware feature included in order to simplify later additions or changes by a user. For example, a simple program that prints numbers might always print them in base 10, but a more flexible version would let a variable determine what base to use; setting the variable to 5 would make the program print numbers in base 5. The variable is a simple hook. An even more flexible program might examine the variable and treat a value of 16 or less as the base to use, but treat any other number as the address of a user-supplied routine for printing a number. This is a hairy but powerful hook; one can then write a routine to print numbers as Roman numerals, say, or as Hebrew characters, and plug it into the program through the hook. [...] The term user exit is synonymous but much more formal and less hackish. (1997-06-25) » Unha funcionalidade incorporada nun software ou hardware co propósito de simplificar as adicións ou modificación futuras que faga o usuario (a ese sw ou hw). (Unha cousa + para ter en conta á hora de procurar unha tradución)
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
mvillarino escreveu: 2009/11/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com: 2009/11/17 Antón Méixome cert...@certima.net: E ademais de todo isto hai algunha outra razón pola que non usar fragmento? Pois unha: se miras no digalego, verás que indica que a versión inglesa de «fragmento» é fragment, logo pode dársenos dun xeito máis que sinxelo o problema de ter que empregar un mesmo significante con polisemia (parte de... + o que sexa a definición de snippet), o que non é moi recomendábel. a traduçom de snippet como (pequeno) fragmento sim se pode encontrar noutras fontes: http://www.thefreedictionary.com/snippet (ver o tesauro e as traduçons a outros idiomas no fim da entrada) snippet [ˈsnɪpɪt] n a small scrap or fragment Por outra parte, nom semelha ser argot, como uso informal regista-se: Informal A small or mischievous person. attachment: gonzalo.vcf
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
Engado, xusto no sentido contrario do que di Leandro, sentíndoo moito: Tamén entran en xogo a tradución de chunk e slice, tamén traducidas como anaco, fragmento, segmento, sección 2009/11/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com E ademais de todo isto hai algunha outra razón pola que non usar fragmento? Pois unha: se miras no digalego, verás que indica que a versión inglesa de «fragmento» é fragment, logo pode dársenos dun xeito máis que sinxelo o problema de ter que empregar un mesmo significante con polisemia (parte de... + o que sexa a definición de snippet), o que non é moi recomendábel. a traduçom de snippet como (pequeno) fragmento sim se pode encontrar noutras fontes: http://www.thefreedictionary.com/snippet (ver o tesauro e as traduçons a outros idiomas no fim da entrada) snippet [ˈsnɪpɪt] n a small scrap or fragment Por outra parte, nom semelha ser argot, como uso informal regista-se: Informal A small or mischievous person. A alguén se lle ocorre algunha outra opción, ou pode enviar algunha información nova? Senón penso que xa vai sendo hora de polo menos descartar algunha opción. -- To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
Re: Glosario de Subversion
2009/11/17 Fran Dieguez lis...@mabishu.com: -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE- Hash: SHA1 Aí van as miñas, as que vin que estaban correctas elimineinas para que a mensaxe sexa máis curta. - - Resumo * Ancestor: s.m. antecesor [???] Ancestro * Baseline: [???] Liña base * Berkeley DB: Base de datos Berkeley É o nome dun programa e igual non se debería traducir http://en.wikipedia.org/wiki/Berkeley_DB * Blame: culpar, cando empregaba svn empregaba blame para saber o cumplable dun commit (en inglés danlle connotación negativa por empregar blame para saber o cumplable de que unha remisión tivera un erro de regresión) Nunha discusión anterior propuxerase responsabilizar * Bogus: incorrecto Nin flowers non funciona? non xenuino/espurio?? http://en.wikipedia.org/wiki/Bogus * Capability: [???] capacidade * Chekout: descargar [???] obter [???] Obter * Commit: confirmar/confirmación [???] Remitir Creo que ao final quedara así. * Current: actual [???] Actual * Drop: descartar [???] Ou eliminar, segundo o contexto ou desbotar. * External definition: referencia externa [???] Eu non diria referencia pero como dis abaixo pode ser que segundo o contexto así sexa. De todas as formas ten coidado non vaia ser. Mira o pofile de outros idiomas: francés, italiano, español... * Flag: marca; tamén indicador, bandeira Segundo contexto, pero me dá a min que vai ser Marcar se marca se usa para tag pode haber problemas (porque etiqueta xa se usa para label...) * FS: abreviatura de FS [??? (Manter ou desfacer)] Non sei o contexto * Fetch: obter, recuperar Recuperar do repositorio * Fulltext: texto completo Depende, ten coidado porque pode ser unha procura fulltext sobre unha base de datos. * Hook: hook [??? manter] Esta sempre foi unha das dúbidas que me asaltaron... sei o que significa pero non como traducilo. Básicamente é unha acción que se leva a cabo ou que se dispara cando certas condicións se cumpren. P.ex. ao facer unha remisión ao repositorio queres enviar un mail a todos os devs. é como un trigger nunha BD ou un helper?? * Lock-token: marca de bloqueo [???] Identificador de bloqueo diria eu. Xa que o token é o que vai identificar dito bloqueo, e en svn un token en bloqueo vai asignado sempre a unha persoa que quere bloquear un recurso no repositorio porque está a facer algún cambio ou ten pensado facelo. * Log message: s.f entrada de rexistro Mensaxe de rexistro * Merge: combinarCapabili Combinar Eu sempre usei fusionar. Outra opción sería fundir. Se estou eu moi equivocado respecto a isto dicídemo. * Mutex: mutex Mutex tipo de semáforo.. suficientemente extendido MUTual EXclusion http://en.wikipedia.org/wiki/Mutual_exclusion * Node: nó Nodo nodo, aínda que habería que aclarar isto... * Obstruct: impedir, bloquear, obstruírf Bloquear non me gusta o de bloquear cando se traduce así lock... obstruír quizais * Parse: analizar * Peg revision: revisión fixada [???] Segundo teño entendido de cando me lin a documentación de subversion aló polo pleistoceno un peg revision é o identificador estándar dunha remisión P.ex. para sacar os cambios da revisión 31 até a actual facemos un svn log 31:HEAD HEAD ou HEAD^ son peg revision Hai que mirar como traducilo * Provider: provedor Depende do contexto, ao mellor é fornecedor son sinónimos, que eu saiba * Required: requirido, necesario requirido * Repository back-end (FS - file system): [???] Tipo de almacenamento do repositorio backend=motor. backend é a contraposición a frontend que se traduce como interface * Reintegrate: [???] Reintegrar non será un false friend? * Root: administrador, root; raíz Segundo o contexto.. ti o dixeches se é o usuario pódese usar root a pelo. * schedule: s.f. programación [???] planificar isto non era castelanismo? * Scheme mixtures: ??? Mesturas ou Mixturas de esqueleto había tempo que non vía o de mixtura. Usa mestura, que soa menos raro. * Support: ser compatíbel, admitir, manter; compatibilidade, apoio, asistencia e aínda así case sempre se traduce como soporte/soportar * Switch: [???] Cambiar unha cousa, ou Alternar estados este sempre foi difícil de traducir. intercambiar, alternar, cambiar... * Tag: marca Etiqueta... En subversion establecemos etiquetas human-ready a unha revisión para lembralas no tempo p.ex. v-1.8.5 * Target: blanco [???] destino [???] obxectivo [???] Obxectivo * Text-base: Baseado en texto * Tree: s.f. árbore (de ficheiros ou directorios) * Token: marca [???] signo [???] ficha [???] nome [???] identificador [???] Depende do contexto. Identificado ou marca diría eu. * Update: actualizar * URL: s.f. URL s.m. (o enderezo URL) * Version: (nome) versión; (verbo) ??? versionar? * Versionable, unversionable: ??? versionábel A de unversionábel deixolla para méixome porque non lle gusta non versionábel * WC: abreviatura de working copy. Substituír pola forma estendida Copia de traballo
Re: Glosario de Subversion
On Wed, Nov 18, 2009 at 12:50 PM, mvillarino mvillar...@gmail.com wrote: * Hook: hook [??? manter] Esta sempre foi unha das dúbidas que me asaltaron... sei o que significa pero non como traducilo. Básicamente é unha acción que se leva a cabo ou que se dispara cando certas condicións se cumpren. P.ex. ao facer unha remisión ao repositorio queres enviar un mail a todos os devs. Segundo foldoc: «hook programming A software or hardware feature included in order to simplify later additions or changes by a user. For example, a simple program that prints numbers might always print them in base 10, but a more flexible version would let a variable determine what base to use; setting the variable to 5 would make the program print numbers in base 5. The variable is a simple hook. An even more flexible program might examine the variable and treat a value of 16 or less as the base to use, but treat any other number as the address of a user-supplied routine for printing a number. This is a hairy but powerful hook; one can then write a routine to print numbers as Roman numerals, say, or as Hebrew characters, and plug it into the program through the hook. [...] The term user exit is synonymous but much more formal and less hackish. (1997-06-25) » Unha funcionalidade incorporada nun software ou hardware co propósito de simplificar as adicións ou modificación futuras que faga o usuario (a ese sw ou hw). (Unha cousa + para ter en conta á hora de procurar unha tradución) Logo un hook facilita a extensión ou ampliación?
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
2009/11/18 Antón Méixome cert...@certima.net: Tamén entran en xogo a tradución de chunk e slice, tamén traducidas como anaco, fragmento, segmento, sección Vaia! Entón temos: chunk slice segment fragmentsnippet fragmento x 0 0 x x retallo 0 0 0 0 0 anaco x 0 0 x 0 pedaço x 0 0 x 0 sección 0 x 0 0 0 segmento0 x x 0 0 secuencia 0 x 0 0 0 sector 0 0 x 0 0 cacho 0 0 0 0 0 chunk slice segment fragmentsnippet fragmento 0 0 0 x 0 retallo 0 0 0 0 0 anaco x 0 0 0 0 pedaço x 0 0 0 0 sección 0 x 0 0 0 segmento0 0 x 0 0 secuencia 0 0 0 0 0 sector 0 0 0 0 0 cacho 0 0 0 0 X(?)
Quedada en Santiago hoxe
Ola, Sinto avisar así de tarde, pero non caera. Hoxe quedamos tres de trasno en Área Central (Cervexería internacional) en Santiago ás 20:00-20:15 apróx. Burocrácia :) . Se alguén lle queda cerca e lle apetece tomar unhas cañas (ou similar), pode pasarse. [O guicho ese desta foto son eu: http://www.facebook.com/photo.php?pid=2802577 ] Saúdos!
Re: Glosario de Subversion
Eu nin flores de CVS, pero aporto ó debate: * Blame: Culpar; responsabilizar; decantaríame pola 2º * Bogus: Cambridge online: false, not real or not legal falso, irreal, incorrecto * Hook: * Node: nó vs nodo entendo que nodo ten outra acepción: volga dáo como correcto peroo digalego di: 1 s m ASTRON Punto en que a órbita dun astro corta o plano da eclíptica. 2 s m FÍS Punto dun medio polo que se propaga unha onda estacionaria, cuxa amplitude de vibración da onda é nula. 3 s m MAT Punto dunha curva en que esta se intersecta a si mesma. * Parse: [Merrian Webster] 1. to resolve, as sentece, into component parts of speech and describe them gramatically; to describe grammatically by stating the part of speech and explaining the inflection and syntactical relationships 2. to examine in a minute way: analyze critically analizar é o mellor, inda que o ideal sería buscar un termo que ampliase engadindo polo miúdo na acepción * Reintegrate: [???] Reintegrar en inglés é un cultismo [Merrian webster]: to integrate gain into an entity; restore to unity reintegrar para min vale
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
Engado, xusto no sentido contrario do que di Leandro, sentíndoo moito: Tamén entran en xogo a tradución de chunk e slice, tamén traducidas como anaco, fragmento, segmento, sección O problema non é que haxa varios termos en inglés para referirse a iso. O problema está en que nos vexamos obrigados a traducir nun mesmo contexto dous termos que adoitamos traducir igual. Por certo, con iso de que snippet é un «fragmento pequeno», temos a posibilidade de engadirlle o sufixo -iño a todas as propostas ata o momento XD
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
Boas: Antón Méixome escribiu: Engado, xusto no sentido contrario do que di Leandro, sentíndoo moito: Tamén entran en xogo a tradución de chunk e slice, tamén traducidas como anaco, fragmento, segmento, sección 2009/11/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com mailto:leandro.regue...@gmail.com E ademais de todo isto hai algunha outra razón pola que non usar fragmento? Pois unha: se miras no digalego, verás que indica que a versión inglesa de «fragmento» é fragment, logo pode dársenos dun xeito máis que sinxelo o problema de ter que empregar un mesmo significante con polisemia (parte de... + o que sexa a definición de snippet), o que non é moi recomendábel. a traduçom de snippet como (pequeno) fragmento sim se pode encontrar noutras fontes: http://www.thefreedictionary.com/snippet (ver o tesauro e as traduçons a outros idiomas no fim da entrada) snippet [ˈsnɪpɪt] n a small scrap or fragment Por outra parte, nom semelha ser argot, como uso informal regista-se: Informal A small or mischievous person. A alguén se lle ocorre algunha outra opción, ou pode enviar algunha información nova? Senón penso que xa vai sendo hora de polo menos descartar algunha opción. -- To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net mailto:proxecto-unsubscr...@trasno.net. Por que se descartara retallo? outra opción podería ser patrón (referido a unha 'porción' de código).
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
Por que se descartara retallo? outra opción podería ser patrón (referido a unha 'porción' de código). Creo que patrón xa se usa para pattern e incluso para template...
Re: Glosario de Subversion
2009/11/17 marce mvillar...@gmail.com: O Martes, 17 de Novembro de 2009 21:02:55 Xosé Antonio Rubal López escribiu: (supoño que se aplican a calquera sistema de control de versións). Case, con git ou hg haberá cousas diferentes, algunhas xa se teñen comentado. * ancestor: antecesor [???] - Posibilidades: antecesor, ascendente, predecesor - Fai referencia a obxectos que pertencen a versións anteriores E antergo / devanceiro ? A min estás dúas paréceme que non lle acaen ben. * Assertion: aserción - Aserto no glosario de Netbeans - No dicionario tamén aparece a variante 'aserción' - A forma maioritaria no corpus de Mancomún é 'aserción' Había algo de aserto por aí, iirc. Usar o de Netbeans que se revisour hai pouco. * Baseline: [???] - Exemplos: '%s' was not present on the baseline resource - Suponse que se refire á versión inicial do recurso que metemos no control de versións Aínda que normalmente é a «liña de base», enténdese que pode ser tamén «de base» ou «inicial» * Blame: anotar [???] - Exemplos en Subversion: 'blame (praise, annotate, ann): Output the content of specified files or URLs with revision and author information in-line.'; 'blame of the WORKING revision is not supported'; - Realmente é culpar, uso irónico no caso de Subversión. Pódese optar pola solución máis neutra de 'anotar'. Eu isto púxeno como «autorías» O de responsabilizar ou autoría creo que vai polo bo camiño. * Chekout: descargar [???] obter [???] - Operación mediante a cal unha revisión se trae ao computador local. A copia local é a 'working copy' Obter a copia local inicial de traballo * Commit: confirmar/confirmación [???] - Solucións inconsistentes na tradución de Anjuta: actualizar, enviar, actualizar, remitir, efectuar - Sentido: a operación de commit envía os cambios locais ao servidor de versións de modo que queden asentados ou confirmados na rama de código correspondente. - En francés tradúceno por 'propagation'. É xusto a idea pero non sei se sonará forzado en galego Esta é a máis difícil, e abstéñome de dicir ren. Creo que se decidira usar remitir noutro fío. * Corrupted: danado e corrompido / corrupto ? iso digo eu... * Dump: volcar envorcar ! * Expiration date: data de vencemento - Exemplos en Subversion: 'Negative expiration date passed to svn_fs_lock' - No corpus de Mancomún hai equivalencias variadas: data de expiración, data de vencemento, data de caducidade, Data de vencemento acáiselle mellor á maturity dunha factura; paréceme mellor «data de caducidade» coincido * External definition: referencia externa - Non se sabe moi ben a que definición se refire. A solución do francés parece máis clara. - Ex: Invalid %s property on '%s': cannot use a URL '%s' as the target directory for an external definition Isto non vai de repositorios externos ??? * Flag: marca; tamén indicador, bandeira - Marca é maioritaria no corpus de Mancomún En Debian: Indicador marca pode dar problemas... * Hook: hook [???] - Non hai equivalencia sinxela e que non despiste nun contorno técnico - Lit. anzó, gancho - No glosario de Mancomún aparece como 'asociar' - Sentido en Subversion: A hook is a program triggered by some repository event, such as the creation of a new revision or the modification of an unversioned property Anda, se mediante un destes é que se comproba a sintaxe dos ficheiros po tras cada entrega no repositorio de KDE!!! NPI, a verdade, pero tal vez poda ser algo relacionado con encravar (non sentido eléctrico de dous eventos asociados) * Obstruct: impedir, bloquear, obstruír Non podes escoller para obstruct unha tradución que se poda confundir coa de lock. * Overwrite, overwritten: sobreescribir Só leva un «e»: sobrescribir * Path: s.m. camiño Rota ruta * Range: s.m. intervalo Nota: non, rango non ten nada que ver cun (), [),[] nin [], é unha cousa de escala social * Repository back-end (FS - file system): [???] - A idea é que o repositorio gárdase empregando o sistema de ficheiros (a través das bibliotecas de subversion). A outra alternativa é utilizar Berkeley DB. back-end: infraestrutura (entre outras) ou motor. Cada persoa ten a súa tradución propia, busca a túa :) * Relocation: reubicación - Exemplos: 'invalid relocation'; ''%s' to '%s' is not a valid relocation' e iso non é un castelanismo? eu levo tempo evitando ubicar por esa razón... recolocar? * RA layer: capa RA, capa de acceso ao repositorio - Non deberían utilizar a forma abreviada no código fonte, prohíbeo a súa propia guía de estilo, así que podemos desfacer a abreviatura. Infórmao como erro que é, xa que logo. * Root: administrador, root; raíz - Pódese deixar root? En realidade non hai ningún 'administrador' en /etc/passwd... por suposto! * schedule: s.f. programación [???] - Un pouco abstracta de máis para o contexto no que aparecen. Ex: ''%s' is scheduled for addition, but is missing' Con outros significados
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
2009/11/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com: Creo que patrón xa se usa para pattern e incluso para template... template - modelo (tamén)
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
2009/11/18 damufo dam...@gmail.com: Por que se descartara retallo? Non se descartou, simplemente non ten moito apoio. Xa postos, prefiro denominar «retallo» a aquilo que se copia/corta e do que queda copia no portarretallos/portapapeis/clipboard. No open-tran non aparece ningunha utilización de «retallo»
Re: [teminoloxía] snippet parte 2
2009/11/18 mvillarino mvillar...@gmail.com: 2009/11/18 damufo dam...@gmail.com: Por que se descartara retallo? Non se descartou, simplemente non ten moito apoio. Xa postos, prefiro denominar «retallo» a aquilo que se copia/corta e do que queda copia no portarretallos/portapapeis/clipboard. No open-tran non aparece ningunha utilización de «retallo» Se non vai ser fragmento prefiro retallo.
Re: Glosario de Subversion
Os termos pódeos introducir calquera usuario autorizado nese glosario. Fixeches a conta e agora dareiche os permisos Respecto do procedemento está por inventar pero.. Parece obvio que primeiro se dá de alta unha proposta e logo discútese sobre ela, no fío de comentarios correspondente a cada entrada. A medida que se avanza nos estados desde proposta ata fixada o administrador/es do glosario correspondente van actualizando o estado administrativo, e os redactores van engadindo información á entrada. Hai catro niveis 1. Mirón :-) pode consultar pero nada máis 2. Usuario , pode comentar pero non editar 3. Redactor, pode ademais introducir novos termos, traducións, definicións, etc 4. Administrador, decide sobre a xestión do glosario, altas de idiomas, categorías, usuarios, estados Se che parece ben, abrimos un fío xa directamente en Glósima e así vai quedando como exemplo. Antón nbsp; 2009/11/18 Xosé Antonio Rubal López lt;xarubal...@gmail.comgt; Ola, Dinme de alta no Glósima pero non teño moi claro que hai que facer agora. Preguntas: - Quen introduce o glosario que estamos a discutir? Eu non teño problema en facelo, aínda que non sei moi ben como... - Cal é o procedemento para discutir as entradas e chegar a consenso? Grazas. 2009/11/18 nbsp;lt;cert...@certima.netgt;: gt; Vai estar aquí... paro que xa non dou máis de min gt; gt; http://www.certima.net/glosima/spip.php?page=termosamp;id_glosario=Subversion gt; gt; gt; gt; 2009/11/17 Xosé Antonio Rubal López lt;xarubal...@gmail.comgt; gt;gt; gt;gt; Ola, gt;gt; gt;gt; Cachis no replay, non contestei á lista... Si, acepto. Espero logo a gt;gt; abrir a discusión no Glósima e xa metemos as suxestións de Fran e gt;gt; Marce. gt;gt; gt;gt; 2009/11/17 nbsp;lt;cert...@certima.netgt;: gt;gt; gt; gt;gt; gt; Creo que paga a pena neste caso pasar a lista directamente ao sistema de gt;gt; gt; xestión de discusión terminolóxica. gt;gt; gt; Aínda que está para saír aínda a súa primeira versión, que é a que se gt;gt; gt; montará en Trasno, creo que este caso que por un lado ten bastantes gt;gt; gt; termos e gt;gt; gt; por outro non son demasiados se axusta perfectamente para facer unha gt;gt; gt; proba gt;gt; gt; de funcionamento. gt;gt; gt; gt;gt; gt; Xosé, aceptas ? gt;gt; gt; gt;gt; gt; P.S gt;gt; gt; www.certima.net/glosima gt;gt; gt; gt;gt; gt; gt;gt; gt; gt;gt; gt; 2009/11/17 Xosé Antonio Rubal López lt;xarubal...@gmail.comgt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; Ola, gt;gt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; Estiven facendo unha lista de dúbidas na tradución do Subversion gt;gt; gt;gt; (supoño que se aplican a calquera sistema de control de versións). gt;gt; gt;gt; Algúns deles non son dúbidas, simplemente os metín na lista para gt;gt; gt;gt; fixalos e non andar cambiando de opcións ao longo da tradución. gt;gt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; Como é bastante longo, opto por mandar o ficheiro de texto. gt;gt; gt;gt; Agradécense opinións e, sobre todo, solucións ;-)!!! gt;gt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; Saúdos. Xosé Antonio Rubal gt;gt; gt; gt;gt; gt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; -- gt;gt; To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net. gt; gt; signature.asc Description: OpenPGP digital signature
Re: Glosario de Subversion
Aquí estamos para comezar http://www.certima.net/glosima/?32-subversion 2009/11/18 lt;cert...@certima.netgt; Os termos pódeos introducir calquera usuario autorizado nese glosario. Fixeches a conta e agora dareiche os permisos Respecto do procedemento está por inventar pero.. Parece obvio que primeiro se dá de alta unha proposta e logo discútese sobre ela, no fío de comentarios correspondente a cada entrada. A medida que se avanza nos estados desde proposta ata fixada o administrador/es do glosario correspondente van actualizando o estado administrativo, e os redactores van engadindo información á entrada. Hai catro niveis 1. Mirón :-) pode consultar pero nada máis 2. Usuario , pode comentar pero non editar 3. Redactor, pode ademais introducir novos termos, traducións, definicións, etc 4. Administrador, decide sobre a xestión do glosario, altas de idiomas, categorías, usuarios, estados Se che parece ben, abrimos un fío xa directamente en Glósima e así vai quedando como exemplo. Antón nbsp; 2009/11/18 Xosé Antonio Rubal López lt;xarubal...@gmail.comgt; Ola, Dinme de alta no Glósima pero non teño moi claro que hai que facer agora. Preguntas: - Quen introduce o glosario que estamos a discutir? Eu non teño problema en facelo, aínda que non sei moi ben como... - Cal é o procedemento para discutir as entradas e chegar a consenso? Grazas. 2009/11/18 nbsp;lt;cert...@certima.netgt;: gt; Vai estar aquí... paro que xa non dou máis de min gt; gt; http://www.certima.net/glosima/spip.php?page=termosamp;id_glosario=Subversion gt; gt; gt; gt; 2009/11/17 Xosé Antonio Rubal López lt;xarubal...@gmail.comgt; gt;gt; gt;gt; Ola, gt;gt; gt;gt; Cachis no replay, non contestei á lista... Si, acepto. Espero logo a gt;gt; abrir a discusión no Glósima e xa metemos as suxestións de Fran e gt;gt; Marce. gt;gt; gt;gt; 2009/11/17 nbsp;lt;cert...@certima.netgt;: gt;gt; gt; gt;gt; gt; Creo que paga a pena neste caso pasar a lista directamente ao sistema de gt;gt; gt; xestión de discusión terminolóxica. gt;gt; gt; Aínda que está para saír aínda a súa primeira versión, que é a que se gt;gt; gt; montará en Trasno, creo que este caso que por un lado ten bastantes gt;gt; gt; termos e gt;gt; gt; por outro non son demasiados se axusta perfectamente para facer unha gt;gt; gt; proba gt;gt; gt; de funcionamento. gt;gt; gt; gt;gt; gt; Xosé, aceptas ? gt;gt; gt; gt;gt; gt; P.S gt;gt; gt; www.certima.net/glosima gt;gt; gt; gt;gt; gt; gt;gt; gt; gt;gt; gt; 2009/11/17 Xosé Antonio Rubal López lt;xarubal...@gmail.comgt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; Ola, gt;gt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; Estiven facendo unha lista de dúbidas na tradución do Subversion gt;gt; gt;gt; (supoño que se aplican a calquera sistema de control de versións). gt;gt; gt;gt; Algúns deles non son dúbidas, simplemente os metín na lista para gt;gt; gt;gt; fixalos e non andar cambiando de opcións ao longo da tradución. gt;gt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; Como é bastante longo, opto por mandar o ficheiro de texto. gt;gt; gt;gt; Agradécense opinións e, sobre todo, solucións ;-)!!! gt;gt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; Saúdos. Xosé Antonio Rubal gt;gt; gt; gt;gt; gt; gt;gt; gt;gt; gt;gt; -- gt;gt; To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net. gt; gt; signature.asc Description: OpenPGP digital signature