2011/2/3 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Dáme por pensar que, para os valores de heap (2) e stack (4)
> especialmente, podería dicirse estiba/r ou batería... simplemente coa
> idea de amontoamento ordenado
>
> Pero a ver, non estaremos rizando o rizo? hai algún problema coa
> tradución normal de stack=pila? Así a recolle a RAG e modo consistente
>
> Volg
> pila f eléctrica
>
> Dicionario RAG (en liña):
> pilas.f. Xerador que transforma en enerxía eléctrica a enerxía
> producida por unha reacción química.
> Unha radio que funciona con pilas.
>
> DRAG (1997)
> Xerador que transforma en enerxía electrica a enerxía producida por
> unha reacción química
>
> Dicionario Cast-Galego RAG (post acordo, 2004)
> «A radio non funciona porque ten as pilas gastadas»
>
> Dicionario Cast-Galego Xerais (2001)
> Pila (batería)
>
> E outros
> DEGU (Ir Indo, 2004)
> Pila sf Xerador electroquímico que produce unha tensión continua por
> acción dunha reacción química (pila electrica, pila voltaica, pila
> galvánica)
> Pila solar (=célula solar)
> Pila termoeléctrica Xerador de corrente continua, que converte a
> enerxía calorífica en electrica
>
> Por non falar da coñecida "pila de combustible" por exemplo a pila
> atómica ou a de hidróxeno. Así se di en galego por todas partes.
> Eu xa supoño de onde vén o problema filolóxico pero está superadísimo
> e a palabra (podémola tomar como un préstamo a partir dun latinismo)
> está perfectamente integrada e especializada no idioma, sen
> confundirse coa "pía de pedra".
>
> Nós o único que necesitamos é unha equivalencia asociativa co valor
> computacional do inglés, a mesma metáfora que a deles.
>
> Stack : An orderly pile, especially one arranged in layers

A min váleme «pila». Pero algunha xente comentou en mensaxes
anteriores que en ningún dicionario de galego aparecía «pila» cun
significado que non sexa o de xerador eléctrico, e usando iso e que
outras palabras teñen acepcións que se axustan máis ao que estamos
tratando, como «rima», pois din que é mellor non usar «pila».

Entón que usamos como tradución para o verbo «stack»? E para
«stacking»? Eu pensei en «pilla», «empillar», «empillamento», pero se
valen «pila», «apilar» e «apilamento» por min perfecto.

> Ora ben, tamén penso que se os vemos como termos moi técnicos da
> informática, a tradución só pode ser auxiliar en textos de
> divulgación, ou xerais.

«stack» tamén se usa por exemplo no Inkscape ou no Gimp (e calquera
outro programa de imaxe que use capas), porque hai un «stack» de
capas, así que non vexo que sexa tan raro que un usuario normal o
atope. Outro contexto onde se usa é en redes, e seguro que se buscamos
hai máis.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a