2011/2/7 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Sigo sen entender os criterios de escolla.

O máis construtivo que podo dicir é que a terminoloxía é "casuística",
non mecánica.

>
> «Ante dúas palabras ambas dispoñibles en portugués e galego, escóllese a que
> xa se usa en portugués.

Non é o caso, non temos dúas palabras para este sentido : pt. pilha/ gl. pila

É MOI de salientar que o portugués, cando traduce este concepto faino
por pilha, copiando a metáfora da batería eléctrica. Por tanto, o uso
do galego «pila» é coherente.

 Ante dúas palabras, escóllese a que non existe noutras
> linguas.»
>

É un criterio incompleto e pouco recomendable en terminoloxía
(diferente para o estilo). Principios 3,4 das Normas:

3. O galego común debe seguir as boas tradicións da antiga lingua
galega que sexan compatibles coa maneira de ser moderna da lingua, de
xeito que as formas tradicionais sexan preferidas ás máis inno
vadoras e evolucionadas. Debe recoñecer tamén a súa propia literatura
e cultura máis recentes, emparentando así con todos os escritores
anterio- res e aceptando solucións xa consagradas polo uso.
4. As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras
linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en
particular, evitando que o galego adopte solucións insolidarias e
unilaterais naqueles aspectos comúns a todas elas. Para o
arrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos
científico e técnico, o portugués será considerado recurso
fundamental,
sempre que esta adopción non for contraria ás características
estruturais do galego. As escollas deben decidirse de acordo cun
criterio de coherencia interna, a fin de que o galego común non
resulte arbitrario e incongruente.

pila,
http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=pila&tipo_busca=lema

«e tras daquel media ducia, astra qu'eu chamando ás pernas
compañeiriñas, sobín á casa nunha carreira, e metín÷me de seguida
drento dunha pila d'herba;»
Cousas d'a aldea, versos gallegos
Autor:  Pereira, Aureliano
Editorial:      Andrés Martínez Salazar Editor, La Coruña
Data:   1891

Verás aí o uso de pila co valor de morea. Ademais é produtiva: pila,
apilar, apilamento



> Iso é o que saquei en claro da Trasnada '10.
>
> Agora temos rima, cun significado de «conxunto ordenado (non dun en un, que
> sería o preferible, pero ordenado) do que se pon por arriba e se colle por
> arriba», e pila, que deixando de lado o significado orixinal en latín, en
> galego é un «dispositivo para almacenar enerxía».

Insisto en que a extensión do significado (non recollido aínda polos
dicionarios) é a partir da pila eléctrica, esquecéndose xa a orixe
latina.

rima
(á parte do seu valor como termo literario)
Non ten nin un só uso documentado no Tesouro, o cal é rarísimo. Co seu
valor de montón ordenado é moi específico (leña, mollos). Se non
tivésemos pila, desde logo sería a palabra galega máis acaída.

rima, rimar, rimado (todas elas moi asociadas ao valor literario)

>
> E imos escoller “pila”? :S

Sempre é unha proposta, serán os falantes quen fixen as cousas... como
te ves promocionando que os datos "riman"

> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a