Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais»

2014-05-26 Conversa mvillarino
Boas: Habería algún reparo a que engadise unha regra ao pology destinada a avisar da presenza da conxunción adversativa «mais», e suxerindo no seu lugar usar «pero» ? ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net

Fwd: Unha ligazón interesante

2014-05-26 Conversa mvillarino
Non hai mellor copia de seguranza que deixar algo en internet. -- Forwarded message -- From: mvillarino mvillar...@gmail.com Date: 2014-05-15 13:09 GMT+02:00 Subject: Unha ligazón interesante To: Trasno - Lista proxecto@trasno.net

RE: Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais»

2014-05-26 Conversa Xosé
Non vexo a necesidade. Xosé Mensaxe orixinal De mvillarino mvillar...@gmail.com Data: 26/05/2014 23:04 (GMT+01:00) A Trasno - Lista proxecto@trasno.net Asunto Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais» Boas: Habería algún reparo a que engadise unha regra ao pology

Re: Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais»

2014-05-26 Conversa Antón Méixome
Se o consideras unha recomendación de estilo pode valer. É certo que «mais» resulta unha forma un pouco cultista, refinada pero sen chegar a sairse da lingua común. 2014-05-26 23:46 GMT+02:00 Xosé xoseca...@gmail.com: Non vexo a necesidade. Xosé Mensaxe orixinal De

Re: [Hunspell] Debe haber un espazo entre os sintagmas de abreviaturas?

2014-05-26 Conversa Antón Méixome
A regra canónica é moi simple. As abreviacións teñen dúas regras de ortografía que en realidade é unha única regra pero complementaria - abreviaturas → sempre levan punto e os elementos separados - siglas → nunca levan puntos e os elementos deben aparecer xuntos O que non hai (o que non debe

Re: Fwd: Unha ligazón interesante

2014-05-26 Conversa Marcos Lans
Tem carácter oficial a terminoloxía galega que aparece? En 26/05/14 23:05, mvillarino escribiu: Non hai mellor copia de seguranza que deixar algo en internet. -- Forwarded message -- From: mvillarino mvillar...@gmail.com Date: 2014-05-15 13:09 GMT+02:00 Subject: Unha

Re: Terminator/Trobador inactivos?

2014-04-29 Conversa Leandro Regueiro
2014-04-29 0:48 GMT+02:00 Fran Dieguez fran.dieg...@mabishu.com: On lun 28 abr 2014 23:51:12 CEST, Xosé wrote: Quixen consultar unha cousa e vexo que Terminator dá un 500 Internal Server Error e que Trobador non dá as coincidencias en galego. Xosé A semana pasada fíxose unha actualización

Terminator/Trobador inactivos?

2014-04-28 Conversa Xosé
Quixen consultar unha cousa e vexo que Terminator dá un 500 Internal Server Error e que Trobador non dá as coincidencias en galego. Xosé ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Terminator/Trobador inactivos?

2014-04-28 Conversa Fran Dieguez
On lun 28 abr 2014 23:51:12 CEST, Xosé wrote: Quixen consultar unha cousa e vexo que Terminator dá un 500 Internal Server Error e que Trobador non dá as coincidencias en galego. Xosé ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net

Re: [Humor?] Empathy

2014-04-26 Conversa Dani
hahaha!! :-D Dani En 26/04/2014 14:03, Xosé escribiu: Nesta captura de pantalla, ademais de algunhas inconsistencias (cc/c; mensaxeiro/mensaxaría), observo que se menciona un tipo de xestión que ignoraba eu que se poidese facer co software libre :-D Xosé

Re: [Humor?] Empathy

2014-04-26 Conversa Marcos Lans
No ficheiro de Trusty non aparecen ou non as atopo. En 26/04/14 14:03, Xosé escribiu: Nesta captura de pantalla, ademais de algunhas inconsistencias (cc/c; mensaxeiro/mensaxaría), observo que se menciona un tipo de xestión que ignoraba eu que se poidese facer co software libre :-D Xosé

Re: [Humor?] Empathy

2014-04-26 Conversa Xosé
É Trusty. Non dou atopado que ficheiro pode ser; é a axuda que aparece con F1. Xosé 2014-04-26 19:08 GMT+02:00 Marcos Lans marcoslansga...@gmail.com: No ficheiro de Trusty non aparecen ou non as atopo. En 26/04/14 14:03, Xosé escribiu: Nesta captura de pantalla, ademais de algunhas

Re: [Humor?] Empathy

2014-04-26 Conversa antiparvos
Atopei o ficheiro no computador nesta ruta: /usr/share/help-langpack/gl/empathy/index.page. Pero nin idea onde se traduce. Empathy está en Gnome pero non atopo ningún ficheiro de axuda alí. En 26/04/14 19:44, Xosé escribiu: É Trusty. Non dou atopado que ficheiro pode ser; é a axuda que aparece

Re: [Humor?] Empathy

2014-04-26 Conversa Marcos Lans
Atopei o ficheiro no computador nesta ruta: /usr/share/help-langpack/gl/empathy/index.page. Pero nin idea onde se traduce. Empathy está en Gnome pero non atopo ningún ficheiro de axuda alí. En 26/04/14 19:44, Xosé escribiu: É Trusty. Non dou atopado que ficheiro pode ser; é a axuda que aparece

Re: [Humor?] Empathy

2014-04-26 Conversa Marcos Lans
Localicei o ficheiro na documentación de Gnome en Damned lies e xa o corrixín. Supoño que terá que ser aprobado. En 26/04/14 20:36, Marcos Lans escribiu: Atopei o ficheiro no computador nesta ruta: /usr/share/help-langpack/gl/empathy/index.page. Pero nin idea onde se traduce. Empathy está en

Re: Tradución CyanogenMod

2014-04-21 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Hoxe déronme de alta como o administrador da localización de CyanogenMod ao galego. Estiven traballando un pouco esta tarde e coa axuda de outro usuario, levamos o 10 % da tradución realizada. En Transifex eramos uns 5 usuarios, espero que desta vez consigamos ser máis. Estades todos invitados a

Re: transifex vs git

2014-04-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
A min a ferramenta gústame bastante, como tradutor (pola facilidade coa que podo traballar en local) e como administrador (pode cargar ficheiros POT desde repositorios públicos, ten cliente en Python). Hei de mencionar, de todos xeitos, que non é software libre. Deixou de selo hai un tempo,

transifex vs git

2014-04-18 Conversa Xan Vieiro
Boas! Dende o coordinador de localización de QGIS está a propoñerse o cambio para Transifex. ¿Que opinión/experiencias tedes ó respecto? Polo que lin, Transifex ten unha interface web, con posibilidade de descarga de ficheiro anque co bloqueo do mesmo durante un tempo. Descoñezo se ten

Re: Tradución CyanogenMod

2014-04-18 Conversa Miguel Bouzada
como vai iso de que o galego non ten compatibilidade AOSP ? https://crowdin.net/project/cyanogenmod-aosp 2014-04-16 17:23 GMT+02:00 Manuel X. Lemos mxle...@openmailbox.org: Púxenme en contacto cun dos administradores do proxecto e xa está dispoñible o galego en

Re: Tradución CyanogenMod

2014-04-18 Conversa Manuel X. Lemos
Referiranse a que o galego non é unha das linguas incluídas oficialmente na versión base (AOSP) de Android? En 18/04/14 15:10, Miguel Bouzada escribiu: como vai iso de que o galego non ten compatibilidade AOSP ?

Re: Disusión en Telegram sobre: cifrado/cifra ...

2014-04-16 Conversa Leandro Regueiro
2014-04-16 11:42 GMT+02:00 Marcos Lans marcoslansga...@gmail.com: Dentro do Transifex (Telegram) estase dando unha discusión sobre o uso de Cifrado ou Cifra para traducir Encryption. Están usando Cifra para traducilo porque afirman que Cifrado é incorrecto. O mesmo din do uso do infinitivo en

Re: Tradución CyanogenMod

2014-04-16 Conversa Manuel X. Lemos
Púxenme en contacto cun dos administradores do proxecto e xa está dispoñible o galego en http://translate.cyanogenmod.org. Importaron o traballo feito en Transifex (non sei se está todo). Saúdos. En 13/04/14 21:46, Manuel X. Lemos escribiu: En 13/04/14 21:02, Miguel Bouzada escribiu:

Tradución CyanogenMod

2014-04-13 Conversa Manuel X. Lemos
Hai unhas semanas atopei de casualidade en Transifex o proxecto oficial de tradución de CyanogenMod 11 e vin que dentro dese proxecto estábase a traballar na localización ao galego cousa que me aledou moito xa que é a ROM que uso no meu móbil. Outro día que visitei a web do proxecto vin que o

Re: Tradución CyanogenMod

2014-04-13 Conversa Miguel Bouzada
Sabiades que CianogenMOD deixou (ou vai deixar en próximas versións) de seren Libre ? Software Licensing Some Services may require installation of additional software on your device or computer. This software may update automatically in the event of a new version or functionality. CyanogenMod

Re: Tradución CyanogenMod

2014-04-13 Conversa Manuel X. Lemos
En 13/04/14 21:02, Miguel Bouzada escribiu: Sabiades que CianogenMOD deixou (ou vai deixar en próximas versións) de seren Libre ? Software Licensing Some Services may require installation of additional software on your device or computer. This software may update automatically in the event

Re: DDTP - Ubuntu

2014-04-11 Conversa Leandro Regueiro
2014-04-07 22:51 GMT+02:00 Xosé xoseca...@gmail.com: O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes (DDTP, https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/trusty/+lang/gl ). Aumentei o número en varios miles

Re: DDTP - Ubuntu

2014-04-11 Conversa Leandro Regueiro
2014-04-11 13:00 GMT+02:00 Xosé xoseca...@gmail.com: Claro, é o que non sei e o que esperaba saber, se as traducións están incluídas ou non, por iso non teño feitas as memorias. De estáreno, sobra repetilas. Acabo de decatarme de que se estaba a discutir un tema de Ubuntu sen enviar as

Re: DDTP - Ubuntu

2014-04-11 Conversa Jorge Barreiro
O Luns, 7 de Abril de 2014 22:51:27 Xosé escribiu: O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes (DDTP, https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/trusty/+lang/gl ). Aumentei o número en varios miles

Re: DDTP - Ubuntu

2014-04-11 Conversa Leandro Regueiro
2014-04-11 13:51 GMT+02:00 Jorge Barreiro yortx.ba...@gmail.com: O Luns, 7 de Abril de 2014 22:51:27 Xosé escribiu: O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes (DDTP,

Re: Tradución do Telegram

2014-04-09 Conversa Xosé
Non vin a tradución, pero se te refires ás escollas lingüísticas, lembra que os acordos de Trasno son compromisos internos, ás veces experimentais e non obrigan a ninguén (menos aínda a quen non participa). Son guías para cando haxa dúbidas e só serán normativos cando, por exemplo, así o sancione

Tradución do Telegram

2014-04-08 Conversa Manuel X. Lemos
Boas, xa vin que falastes do tema, polo que lin había un proxecto de tradución ao galego completado en https://github.com/DrKLO/Telegram/pull/53 que foi movido a Transifex (https://www.transifex.com/projects/p/telegram/). Polo que pon é a tradución oficial do aplicativo. Supoño que non está a

Re: Tradución do Telegram

2014-04-08 Conversa Pablo Belay Fernández
Eu non teria problema en colaborar nas vindeiras versions do telegram 2014-04-08 22:49 GMT+02:00 Manuel X. Lemos mxle...@openmailbox.org: Boas, xa vin que falastes do tema, polo que lin había un proxecto de tradución ao galego completado en https://github.com/DrKLO/Telegram/pull/53 que foi

DDTP - Ubuntu

2014-04-07 Conversa Xosé
O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes (DDTP, https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/trusty/+lang/gl ). Aumentei o número en varios miles (realmente non sei cantos porque as traducións fóronse

Re: Actualización dos ficheiros de xkeyboard-config no translationproject.org

2014-04-02 Conversa Xosé
Ah, si? Non lembro. Mirarei esta noite na casa (agora estou no traballo) pero aquí non me vexo: http://translationproject.org/team/gl.html Xosé 2014-04-02 12:51 GMT+02:00 Marcos Lans marcoslansga...@gmail.com: Envioche os ficheiros actualizados do xkeyboard-config por indicación do

Re: Actualización dos ficheiros de xkeyboard-config no translationproject.org

2014-04-02 Conversa Francisco J. Tsao Santin
Hi, We have a new member for the Galician Team. Please add to Marcos Lans with the email address marcoslansga...@gmail.com to the team. Also assign him the xkeyboard-config package. Best regards. On Wed, 2 Apr 2014, Marcos Lans wrote: Envioche os ficheiros actualizados do

Re: Actualización dos ficheiros de xkeyboard-config no translationproject.org

2014-04-02 Conversa Francisco J. Tsao Santin
On Wed, 2 Apr 2014, Marcos Lans wrote: Envioche os ficheiros actualizados do xkeyboard-config por indicación do coordinador de traducións do translationproject.org porque apareces como responsable do equipo galego. Tamén solicito me inclúas no equipo. Ola, xa enviei a petición para a túa

Re: Pequenas grallas

2014-03-29 Conversa Leandro Regueiro
2014-03-28 13:47 GMT+01:00 antiparvos antipar...@gmail.com: O que pasa é que aparece trasno como tradutor oficial do paquete. Non vexo que ninguén dixera algo en contra de que envíes unha tradución mellorada a upstream, así que supoño que non haberá problema. Deica En 28/03/14 09:54, Leandro

Re: Pequenas grallas

2014-03-28 Conversa Leandro Regueiro
O aconsellable é que envíes a tradución a upstream. Así non tes por que preocuparte do tema. Deica On Wed, Mar 26, 2014 at 10:03 PM, Marcos Lans marcoslansga...@gmail.com wrote: Vense nesta captura http://img19.imageshack.us/img19/9297/ttrp.jpg Aparecen en Ubuntu e correspóndense ao ficheiro

Re: [Terminoloxía] implement/implementation

2014-03-28 Conversa Leandro Regueiro
2014-03-25 18:55 GMT+01:00 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com: Creo que a tradución deste termo podería cambiar bastante segundo o contexto. Por exemplo, á implementation dunha función podería chamárselle definición, mentres que á implementation dun algoritmo poderíaselle

Re: [Terminoloxía] implement/implementation

2014-03-28 Conversa Jorge Barreiro
O Venres, 28 de Marzo de 2014 09:55:24 Leandro Regueiro escribiu: 2014-03-25 18:55 GMT+01:00 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com: Creo que a tradución deste termo podería cambiar bastante segundo o contexto. Por exemplo, á implementation dunha función podería chamárselle

Re: Pequenas grallas

2014-03-28 Conversa antiparvos
O que pasa é que aparece trasno como tradutor oficial do paquete. En 28/03/14 09:54, Leandro Regueiro escribiu: O aconsellable é que envíes a tradución a upstream. Así non tes por que preocuparte do tema. Deica On Wed, Mar 26, 2014 at 10:03 PM, Marcos Lans marcoslansga...@gmail.com

Re: [Terminoloxía] implement/implementation

2014-03-28 Conversa mvillarino
En ningún? Na edición de finais dos 90 do Estraviz aparecía implemento (pero non o verbo) 2014-03-28 10:58 GMT+01:00 Jorge Barreiro yortx.ba...@gmail.com: O Venres, 28 de Marzo de 2014 09:55:24 Leandro Regueiro escribiu: 2014-03-25 18:55 GMT+01:00 Adrián Chaves Fernández

Pequenas grallas

2014-03-26 Conversa Marcos Lans
Vense nesta captura http://img19.imageshack.us/img19/9297/ttrp.jpg Aparecen en Ubuntu e correspóndense ao ficheiro xkeyboard-config : http://translationproject.org/domain/xkeyboard-config.html No launchpad xa as corrixín pero teño a dúbida de se unha importación automática desde upstream vainas

[Terminoloxía] implement/implementation

2014-03-24 Conversa Xosé
Para implement atopo «realizar», «levar a cabo» no Terminator; nada para implementation. Que opcións podedes suxerir? Xosé ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

[Terminoloxía] scope (Unity)

2014-03-24 Conversa Xosé
Hai algunha tradución para os scope do Unity de Ubuntu? Xosé ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Terminoloxía] scope (Unity)

2014-03-24 Conversa antiparvos
Estase traducindo como «Ámbito» por un acordo. Diferenciar de LensLente. En 24/03/14 22:04, Xosé escribiu: Hai algunha tradución para os scope do Unity de Ubuntu? Xosé ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net

Ubuntu Galician Translators

2014-03-21 Conversa Xosé
Nesta páxina: https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl/+members#active aparece un número grande de solicitudes para ser membros do grupo de tradutores de Ubuntu ao galego, algunhas de 2008. Como é o proceso? Como se sabe que algunha solicitude foi rexeitada? Pódese ter dado o caso de que os

Re: Ubuntu Galician Translators

2014-03-21 Conversa Miguel Bouzada
Toda esa xente está nesa situación porque, tras darse de alta na páxina no solicitaron seren membros do equipo. A maioría nin sequera se presentou ou saudou enviando un correo. Cando alguén envía o correo de solicitude, envíaselle un correo cun contido como o que segue e que xa che da unha idea

Revisión das release-notes de GNOME 3.12

2014-03-20 Conversa Fran Dieguez
Ola rapaces, GNOME 3.12 está a piques de publicarse e estamos realizando a tradución das release-notes ao galego. Poderiades ollalas para detectar erros? https://help.gnome.org/misc/release-notes/3.12/index.html.gl Auth: gnome / ftw Saúdos ___

Re: Tradución do Telegram

2014-03-19 Conversa Miguel Branco
Sabía que se fixera Galegram por Mc'Apps, mais descoñezo como foi proxecto. A web é esta: http://www.galegram.org/web/app/#/ . Non caio porqué PL ía revisar iso, sabes se participaron na tradución?. A tradución do telegram web fíxoa Belay ( http://belay.es/2014/02/telegram-en-galego/), e falamos

Re: Skype

2014-03-19 Conversa Miguel Branco
Ups, unha web en flash e descarga en formato .rar?... Eu a traducir, escollería algún aplicativo con soporte para skype. Non o mirei moito, pero hai algún plugin para Pidgin ( http://eion.robbmob.com/). Inda que os que usedes o skype, animaríavos a traducir, como suxire Marcos, nese proxecto de

Re: Tradución do Telegram

2014-03-19 Conversa Pablo Belay Fernández
Sabedes quen é Mc'Apps ¿¿ 2014-03-19 9:39 GMT+01:00 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com: Mc'Apps ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

The Internet, where languages go to die?

2014-03-18 Conversa Miguel Bouzada
http://america.aljazeera.com/opinions/2014/3/language-linguisticstechnologyinternetdigitaldivideicann.html -- Membro de «The Document Foundation Projects» http://www.documentfoundation.org/foundation/members Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de

Fwd: Skype

2014-03-18 Conversa Martiño
Skype xa o viñan traducindo ao galego nesta páxina: http://galtradu.wix.com/skypegal ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Tradución do Telegram

2014-03-18 Conversa Martiño
Como vai a cousa na tradución do Telegram, ao final estades traballando nela? Vin un chío voso no twitter onde poñiades #telegram #galego, pero na web e por aquí pola lista non vin nada máis desde que preguntara. Conseguistes algún avance? Sábese se o poderemos ter en galego oficialmente?

RE: [Terminoloxía] filling

2014-03-17 Conversa Xusto Rodriguez Rio
En principio, recheo é o produto con que enches algún oco (como o castelán relleno ou o portuguén recheio). E para a acción de encher, a forma natural é enchemento (coma o portugués enchimento ou o castelán llenado -a partir de llenar). Xusto -Mensaxe orixinal- De: Leandro Regueiro

Fwd: Skype

2014-03-17 Conversa Marcos Lans
Parece que hai un proxecto en marcha para poder traducir Skype se a alguén lle interesa colaborar Mensaxe orixinal Asunto: Skype Data: Mon, 17 Mar 2014 12:07:39 + De: Michael Bauer f...@akerbeltz.org Responder a:f...@akerbeltz.org Organización: Akerbeltz Para:

Re: [Terminoloxía] caret

2014-03-15 Conversa Leandro Regueiro
2014-03-15 0:06 GMT+01:00 Xosé xoseca...@gmail.com: 1) Xa me parecía, pero estaba revisando unha tradución e atopeino. 2) Perdón, pero para consultar só fun ao terminator e ao trobador, non fun ao terceiro recurso, ao glosario. - Non é hora de terminar con esta dispersión??? Pois

Re: [Terminoloxía] caret

2014-03-15 Conversa Xosé
Por que non explicas que hai que facer e pides voluntarios? (eu ofrézome, se non é demasiado técnico). Xosé On Mar 15, 2014 10:28 AM, Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com wrote: 2014-03-15 0:06 GMT+01:00 Xosé xoseca...@gmail.com: 1) Xa me parecía, pero estaba revisando unha tradución e

[Terminoloxía] filling

2014-03-14 Conversa Xosé
Vexo que: http://terminator.trasno.net/search/?search_string=filling mais «enchemento» non figura no dicionario da RAG nin é un termo que eu teña escoitado nunca. Non hai outras opcións? Xosé ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net

[Terminoloxía] caret

2014-03-14 Conversa Xosé
caret - non penso que poida ser «careta» https://www.wordnik.com/words/caret http://en.wikipedia.org/wiki/Caret Xosé ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Terminoloxía] caret

2014-03-14 Conversa Leandro Regueiro
On Fri, Mar 14, 2014 at 5:43 PM, Xosé xoseca...@gmail.com wrote: caret - non penso que poida ser «careta» https://www.wordnik.com/words/caret http://en.wikipedia.org/wiki/Caret http://people.trasno.net/~common/resultados_trasnadas/prontuario-descomprimido/html_trasnadas.html Deica Xosé

Re: [Terminoloxía] filling

2014-03-14 Conversa Leandro Regueiro
On Fri, Mar 14, 2014 at 5:31 PM, Xosé xoseca...@gmail.com wrote: Vexo que: http://terminator.trasno.net/search/?search_string=filling mais «enchemento» non figura no dicionario da RAG nin é un termo que eu teña escoitado nunca. Non hai outras opcións? Emprego «recheo», aínda que non sei se

Re: [Terminoloxía] caret

2014-03-14 Conversa Xosé
1) Xa me parecía, pero estaba revisando unha tradución e atopeino. 2) Perdón, pero para consultar só fun ao terminator e ao trobador, non fun ao terceiro recurso, ao glosario. - Non é hora de terminar con esta dispersión??? Xosé On Mar 14, 2014 11:00 PM, Leandro Regueiro

Tradución das licenzas CC

2014-03-11 Conversa Asoc. de Usuarios de Software Libre de Melide
Ola boa tarde, agora mesmo non recordo se había algún traballo comezado para traducir as novas licenzas CC, que está na súa versión 4.0. http://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/ O caso é que falando coa xente do SNL da USC, comentamos que estaría ben poder dispoñer de ditas licenzas

Re: Tradución das licenzas CC

2014-03-11 Conversa Miguel Bouzada
Na miña modesta opinión, este tipo de traducións deben ser feitas por xuristas e avaliadas pola administración. Polo menos a primeira parte :-) 2014-03-11 14:57 GMT+01:00 Asoc. de Usuarios de Software Libre de Melide melisa.mel...@gmail.com: Ola boa tarde, agora mesmo non recordo se había

Re: Tradución das licenzas CC

2014-03-11 Conversa Enrique Estévez Fernández
Boas. A tradución ao galego da versión 3.0 da CC foi realizada pola OSL da USC. Eu conservo os html en galego e castelán, pero debería haber copia do traballo no material que dita OSL entregou tanto os responsabeis da ATIC da USC como os responsábeis que levaron o seguimento do convenio entre a

[Terminoloxía] debian file

2014-03-07 Conversa Xosé
debian file, Debian file, .deb file «ficheiro de Debian», «ficheiro Debian», «ficheiro debian»?? Asumo que .deb file é «ficheiro .deb» pero preocúpame especialmente a coherencia das outras expresións con todos os demais * file, tipo Ogg Vorbis file, XML File Xosé

Re: [Terminoloxía] debian file

2014-03-07 Conversa Leandro Regueiro
2014-03-07 20:28 GMT+01:00 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com: 2014-03-07 20:04 GMT+01:00 Xosé xoseca...@gmail.com: debian file, Debian file, .deb file «ficheiro de Debian», «ficheiro Debian», «ficheiro debian»?? Asumo que .deb file é «ficheiro .deb» pero preocúpame especialmente a

Re: [Terminoloxía] debian file

2014-03-07 Conversa Xosé
Precisamente, .deb file non é problemático, senón os outros dous. Xosé 2014-03-07 20:43 GMT+01:00 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com: 2014-03-07 20:28 GMT+01:00 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com: 2014-03-07 20:04 GMT+01:00 Xosé xoseca...@gmail.com: debian file, Debian

Re: [Terminoloxía] kernel

2014-02-25 Conversa Leandro Regueiro
2014-02-24 21:56 GMT+01:00 Xosé xoseca...@gmail.com: Perdón, si o indica: «Trasnada12.0, A Coruña o 26 de maio de 2012» Logo non está actualizada. Non inclúe acordos novos (a ver se saco tempo de debaixo das pedras) pero para «kernel» non tes dúbida. Deica Xosé 2014-02-24 21:42 GMT+01:00

[Terminoloxía] kernel

2014-02-24 Conversa Xosé
Que acordáramos, kernel ou núcleo? Xosé ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Terminoloxía] kernel

2014-02-24 Conversa Leandro Regueiro
On Mon, Feb 24, 2014 at 7:36 PM, Xosé xoseca...@gmail.com wrote: Que acordáramos, kernel ou núcleo? Segundo se ve no HTML dinámico en http://people.trasno.net/~common/resultados_trasnadas/prontuario-descomprimido/html_trasnadas.html parece que é «kernel». Deica Xosé

Re: [Terminoloxía] kernel

2014-02-24 Conversa Xosé
Estaría ben que nesa páxina indicase cal é a data do último acordo incluído (tipo «Última actualización: 13.10»). Se non, sempre se terá a dúbida de se está actualizada ou non. Xosé 2014-02-24 20:21 GMT+01:00 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com: On Mon, Feb 24, 2014 at 7:36 PM, Xosé

Re: [Terminoloxía] kernel

2014-02-24 Conversa Xosé
Perdón, si o indica: «Trasnada12.0, A Coruña o 26 de maio de 2012» Logo non está actualizada. Xosé 2014-02-24 21:42 GMT+01:00 Xosé xoseca...@gmail.com: Estaría ben que nesa páxina indicase cal é a data do último acordo incluído (tipo «Última actualización: 13.10»). Se non, sempre se terá a

RE: [Transifex] New announcement in project CyanogenMod 11

2014-02-23 Conversa Xosé
Mensaxe orixinal De Transifex ad...@transifex.com Data: 23/02/2014 21:07 (GMT+01:00) A xoseca...@gmail.com Asunto [Transifex] New announcement in project CyanogenMod 11 Hi Xosé, A new announcement has been added to the project CyanogenMod 11: Discontinuation of

Android e software libre

2014-02-18 Conversa Dani
Boas: Na última Trasnada falamos sobre a liberdade do Android. Deixo aquí este artigo para quen lle interese o tema: http://www.xataka.com/moviles/que-es-android-que-es-aosp-que-es-libre-y-abierto-y-que-no -- Dani ___ Proxecto mailing list

Re: Android e software libre

2014-02-18 Conversa Xose M
gracias, interesante lectura así como as ligazóns que nel aparecen. Non descubre nada novo (no meu caso), pero está ben velo por escrito todo xunto e, tentando, aclarar conceptos. Sobre todo para que vexamos a google como unha empresa normal, unha empresa que pretende darlle valor a empresa e

Re: [hunspell] vacío

2014-02-17 Conversa Dani
Vaia! Outra máis que o dicionario dará como correcta cando na miña opinión a maioría das veces usarase co significado de baldeiro. Eu, xunto con gracias e diferencia, polo menos así alerta de que o máis probable é que sexa un erro cun pouco de sorte levará a unha visita ó dicionario. En

Re: [hunspell] vacío

2014-02-17 Conversa Miguel Branco
Só como nota, o volga recóllese o erro (común) de que * vacío baleiro. No dicionario da RAG si temos bacío pero para os recipientes, e tamén como di Bouzada, vacío pero para ese concepto. 2014-02-17 11:40 GMT+01:00 Dani d...@damufo.com: Vaia! Outra máis que o dicionario dará como correcta

Re: [hunspell] vacío

2014-02-17 Conversa Dani
Vaia! Outra máis que o dicionario dará como correcta cando na miña opinión a maioría das veces usarase co significado de baldeiro. Eu, xunto con gracias e diferencia, polo menos así alerta de que o máis probable é que sexa un erro cun pouco de sorte levará a unha visita ó dicionario. En

Re: [hunspell] vacío

2014-02-17 Conversa Miguel Bouzada
Un bacío/a viría ser unha fonte, unha «palangana» (ou «tina» baixa), tamén a «bacía» castelá ou útil dos barbeiros para enxugar as navallas :) http://es.wikipedia.org/wiki/Bac%C3%ADa 2014-02-17 12:04 GMT+01:00 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com: Só como nota, o volga recóllese o erro (común)

Re: Traducción de Telegram para web

2014-02-12 Conversa Miguel Branco
Ola Pablo. Boa iniciativa! Creo que hai algún pequeno erro, pero xa comentarei cando teña un anaco. 2014-02-11 12:33 GMT+01:00 Pablo Belay Fernández pbe...@gmail.com: Boas, estiven vendo na lista de correo que lanzastes a traducción de telegram para a aplicación de Android. Acabo de

Novas cadeas en Virtaal

2014-02-12 Conversa Leandro Regueiro
Mellor pego a nova: Hi, We'll be releasing a new version of Virtaal relatively soon and have updated the translations for what will be our 1.0 release. There are a number of new strings, the vast majority are from the tutorial. The tutorial is now translatable so that you will get instructions

Re: [Terminoloxía] Popover

2014-02-10 Conversa Xosé
A aparencia é idéntica aos popups/pop-ups, así que propoño xanela emerxente. Xosé 2014-02-10 1:29 GMT+01:00 Fran Dieguez fran.dieg...@mabishu.com: Ola rapaces, un novo elemento de interface chegou a GTK+ o cal ten outros toolkits que tamén Falo dos Popovers, microxanelas contextuais que

Re: [Terminoloxía] Popover

2014-02-10 Conversa Miguel Bouzada
Se un «pop-up» é unha xanela emerxente, IMHO neste caso debería ser: xanela sobreposta ? 2014-02-10 1:29 GMT+01:00 Fran Dieguez fran.dieg...@mabishu.com: Ola rapaces, un novo elemento de interface chegou a GTK+ o cal ten outros toolkits que tamén Falo dos Popovers, microxanelas

Re: [Terminoloxía] Popover

2014-02-10 Conversa Leandro Regueiro
On Mon, Feb 10, 2014 at 9:11 AM, Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com wrote: Se un «pop-up» é unha xanela emerxente, IMHO neste caso debería ser: xanela sobreposta ? Vendo os exemplos a min parécenme tooltips. Deica 2014-02-10 1:29 GMT+01:00 Fran Dieguez fran.dieg...@mabishu.com: Ola

Re: [Terminoloxía] Popover

2014-02-10 Conversa Fran Dieguez
On lun 10 feb 2014 10:40:52 CET, Leandro Regueiro wrote: On Mon, Feb 10, 2014 at 10:39 AM, Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com wrote: On Mon, Feb 10, 2014 at 9:11 AM, Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com wrote: Se un «pop-up» é unha xanela emerxente, IMHO neste caso debería ser: xanela

Re: Un pequeno empuxón

2014-02-09 Conversa Xan Vieiro
Respecto do glosario no Lokalize, a 'tara' que lle vexo é que non atopo ningún diálogo para a introdución do .tbx. Descargueino dende a páxina do resultado das trasnadashttp://www.trasno.net/resultados-das-trasnadas/:

Re: Un pequeno empuxón

2014-02-09 Conversa mvillarino
Faise no diálogo de configuración do proxecto ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

[Terminoloxía] Popover

2014-02-09 Conversa Fran Dieguez
Ola rapaces, un novo elemento de interface chegou a GTK+ o cal ten outros toolkits que tamén Falo dos Popovers, microxanelas contextuais que flotan enriba da xanela principal: http://worldofgnome.org/popovers-gtk-branch-is-now-merged-on-master-gnome-3-12/

Re: [hunspell]

2014-02-05 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Martes, 4 de Febreiro de 2014 11:54:02 Dani escribiu: E a propósito de gracia, penso que debería ser marcada xa que as probabilidades de uso nese sentido son mínimas e as posibilidades de que alguén pense que é aceptada co significado de grazas diría son elevadas. Eu creo que é conferirlle

Re: Tradución CyanogenMod

2014-02-05 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Hoxe activaron a opción do galego en Transifex. Irei traducindo cando poda, sodes benvidos a rexistrarvos e solicitar a colaboración. Aquí tendes a ligazón: https://www.transifex.com/projects/p/cmtx_11/language/gl_ES/ Un saúdo a todos! 2014-01-30 Antón Méixome cert...@certima.net: A

Re: [hunspell]

2014-02-05 Conversa Dani
En 05/02/2014 23:25, Adrián Chaves Fernández escribiu: O Martes, 4 de Febreiro de 2014 11:54:02 Dani escribiu: E a propósito de gracia, penso que debería ser marcada xa que as probabilidades de uso nese sentido son mínimas e as posibilidades de que alguén pense que é aceptada co significado de

[hunspell]

2014-02-04 Conversa Dani
Boas: O corrector, non me marca diferencia como erro, é correcto? -- Dani ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [hunspell]

2014-02-04 Conversa Leandro Regueiro
2014-02-04 11:24 GMT+01:00 Dani d...@damufo.com: Boas: O corrector, non me marca diferencia como erro, é correcto? Por se é de axuda: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=diferencia Deica -- Dani ___ Proxecto

Re: Un pequeno empuxón

2014-02-04 Conversa mvillarino
LOKALIZE - Interesante o feito de poder preenche-las cadeas, claro que hai que ter unhas memorias de tradución e/ou glosario. Foi confusa a xestión das memorias de tradución (.tmx) e totalmente imposible engadi-lo glosario das trasnadas (.tbx) Coas memorias de tradución: da lista que mostra,

Re: [hunspell]

2014-02-04 Conversa Xosé
Diferencia pode ser verbo: O corrector non diferencia entre «diferenza» e «diferencia», temos que diferenciar nós. Xosé No dia 4 de Fevereiro de 2014 às 11:25, Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com escreveu: 2014-02-04 11:24 GMT+01:00 Dani d...@damufo.com: Boas: O corrector, non me

Re: [hunspell]

2014-02-04 Conversa Dani
En 04/02/2014 11:25, Leandro Regueiro escribiu: 2014-02-04 11:24 GMT+01:00 Danid...@damufo.com: Boas: O corrector, non me marca diferencia como erro, é correcto? Por se é de axuda: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=diferencia Boas: Si mireino, por e acaso é

[hunspell] Ainda

2014-02-04 Conversa Dani
Boas: Achego unha captura do que penso é unha proposta estraña para corrixir Ainda Non propón Aínda con acento. Se non me erro é pola maiúscula inicial xa a proposta é correcta cando se trata de corrixir ainda. Por certo, xuraría que hai non moito tempo INDA non estaba no volga, non se

<    2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   >